Estudiou o bacharelato en Lugo, licenciouse en Filosofía e Letras (sección de Filosofía) na Universidade Pontificia de Salamanca e realizou os cursos de doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como profesor contratado no Instituto de Viveiro (Lugo) no curso 1971-72, como profesor interino e secretario no Instituto "Xoán Montes" de Lugo (1972-77) e desde 1977 é profesor de secundaria, coa condición de catedrático no Instituto "Lucus Augusti", na materia de Filosofía. É militante socialista desde decembro de 1975, ocupando desde entón varios cargos na agrupación de Lugo. Actualmente é o presidente da mesma e membro da executiva galega. Entre os cargos institucionais que ten ocupado destacan os de delegado provincial da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia (1987-90), membro do Consello Asesor da TVE-Galicia (1990-95) e membro do consello federal e da comisión executiva da FEMP. Foi alcalde de Lugo dende 1999 ata 2015.
É o autor dos libros Homenaje a Ortega, en colaboración cos profesores de Filosofía de Lugo, con motivo do centenario do seu nacemento e El empleo: reto del momento, na XIV Semana Galega de Filosofía (1977). Colaborou nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia sobre temas políticos de actualidade e relacionados coa Filosofía.
É membro de FETE-UGT desde 1981. As súas afecciones son a fotografía (obtivo varios premios), pasear, a música e a lectura.