José Castro Álvarez


Categoría: Político
Data de Nacemento: 28 de setembro de 1932
Lugar de Nacemento: Ponteareas (Pontevedra)
 Currículum

Foi delegado comarcal de Sindicatos en Ponteareas entre 1963 e 1975 e alcalde desde 1968 ata o ano 2000. Desde o seu cese como alcalde ata o ano 2003 foi concelleiro e tenente de alcalde. Tamén ocupou os seguintes cargos: presidente da Mancomunidade do Condado (1974-1999), presidente da Coordinadora Nacional de Mancomunidades de Municipios de España (1980- 1990), deputado provincial de Pontevedra desde 1969 a 1971, presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (1989-1992), deputado nacional (1989-1993), senador pola provincia de Pontevedra (1993-1996), membro da Cámara dos Poderes Locais do Consello de Europa (nomeado en 1994), vocal do consello executivo da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) (1983-85 e 1987-1999) e vocal do consello federal da FEMP (1989-1997).

 Obras realizadas

Durante o seu mandato realizáronse gran cantidade de obras no Concello de Ponteareas, entre elas: estación de autobuses, pavillón deportivo, piscina cuberta climatizada, gardería, praza de abastos, museo e biblioteca municipal, conservatorio de música, residencia da 3ª idade, parque de bombeiros, ludoteca, instituto de FP, instituto de ensino medio, … Foi tamén promotor de cooperativas de vivendas, de servicios e industriais.