José Bernardo Mariño Acebal


Categoría: Profesor e escritor
Data de Nacemento: 19 de marzo de 1950
Lugar de Nacemento: A Coruña
Teléfono: 934016444
Fax: 934016447
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É enxeñeiro de Telecomunicacións pola Universidade Politécnica de Madrid (1972), doutor enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade Politécnica de Cataluña (1972), profesor agregado de Redes (Análise e Síntese) na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación de Madrid (1980) e catedrático de universidade da Universidade Politécnica de Cataluña (desde 1981). Foi director da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Telecomunicación de Barcelona (1983-86). A súa actividade docente e de investigación céntrase en xeral no tratamento dixital do sinal ("Digital Signal Processing") e as súas aplicacións nas comunicacións. Na actualidade dedícase ó desenvolvemento de sistemas para a comprensión da fala e de "interfaces" orais home-máquina.

 Obras realizadas

É autor de numerosas publicacións científicas (algunhas poden ser consultadas na súa páxina web) e dos seguintes libros de texto: Filtros en el dominio de la frecuencia (tomos I e II) e Tratamento digital de la señal: una introducción experimental.

 Outros datos de interese

Conseguiu o premio "Mundo Electrónico" ó mellor artigo profesional nas súas edicións de 1979 e 1985 e a "Third Millennium Medal" que lle outorgou o "Institute of Electrical and Electronic Engeneers of America". É membro, entre outras, das seguintes asociacións ou sociedades: "Institute of Electrical and Electronics Engineers of America" (IEEE); "European Speech Communication Association" (ESCA); "Sociedad Española para el Procesamiento del Lenguaje Natural" (SEPLN); e "Centre de Referencia d'Enginyería Lingüìtica" (CREL) da Generalitat de Cataluña. Está casado e ten dous fillos. É afeccionado á lectura, á música clásica e á bicicleta de montaña.