Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidade Autónoma de Madrid. Catedrático de Teoría da Literatura da Universidade de Santiago de Compostela. Foi Decano da Facultade de Filoloxía entre 1987 e 1990. Desde xuño de 1991 é académico correspondente da RAE. Xuño de 1994: elixido Rector Magnífico da súa Universidade reelixido en maio do 1998. Visitante e conferenciante en Universidades de Arxentina, Australia, Canadá, EE.UU, Francia, Holanda, Portugal, Reino Unido, Rep. Dominicana, Sudáfrica e Suíza. Publicou medio centenar de artigos de tª crítica e literatura comparada en revistas españolas como: "Insula" (pertencendo tamén ó seu comité de dirección ou ó Boletín da Real Academia Española) e estranxeiras como a Hispanic Review, Poetics Today, Analecta Husserliana, The American Book Review, Semiosis e Revue de Littérature Comparée. Complementariamente, exerceu a crítica literaria en revistas como Camp de l'Arpa de Barcelona, Nueva Estafeta e Libros de Madrid, en Diario 16, no suplemento cultural do ABC de Madrid e no semanario CULTURAL actualmente editado por El Mundo.
Os seus últimos libros son: El comentario de textos narrativos: la novela (1989); segunda edición, 1992), El polen de ideas (1991), Trayectoria de la novela hispanoamericana actual (1991), colaboración con J. M. Viña Liste. Teorías del realismo literario (1992), finalista do Premio Nacional de Ensaio en 1993, e actualmente en proceso de traducción ó inglés pola State University of New York Press. Editados ademais: La colmena de C.J. Cela, Cartas desde mi celda de G.A. Bécquer. Las inquietudes de Shanti Andía, de P. Baroja. Sonata de invierno, de Valle Inclán. En outubro de 1991 comenzouse a publicar a Cronología de la Literatura Española, obra en catro tomos da que Darío Villanueva é o coordinador.
Pertence á xunta directiva da "Sociedade Española de Literatura xeral e Comparada" e é membro así mesmo da "International Association of Comparative", da "Asociación Internacional de Hispanistas", da "Sociedade española de Semiótica" e da "Twentieth Century Spanish Association of America". En 1999 foi nomeado Doutor Honoris Causa en Letras pola Universidade de Birmingham (Reino Unido).
Elixido membro da Real Academia Española en xullo de 2007, tomando posesión en xuño de 2008, y sendo nomeado en decembro de 2014, director da mesma.