Terceiro Marqués de Vilagarcía de Arousa, foi o primeiro virrei galego nomeado polos Borbóns para un virreinato americano (Perú). En 1730, cando contaba 70 anos, tomou posesión do seu cargo de virrei do Perú en Lima. Unha das súas principais tarefas foi a de defende-los portos do Perú contra os ataques dos ingleses durante a guerra de 1739 a 1748. En 1746 foi relevado do seu cargo e substituído polo Capitán Xeneral de Chile, José Manso de Velasco.