Realiza os seus estudios nos Xesuítas e recibe formación en cine, debuxo e pintura. Entre 1973 e 1977 participa en grupos de teatro independente, na creación dun dos primeiros fanzines da cidade e pinta os seus primeiros murais. En 1977 ingresa en Psicoloxía e Empresariais na Universidade de Santiago de Compostela, onde se integra en diversos grupos de clara tendencia contracultural.
Viaxa por museos e cidades de Italia, Francia e España, ata radicar en 1979 na Escola de Belas Artes de San Carlos (Valencia), na que se licencia. En 1981 é incluído na mostra 'Centenario Picasso', e expón en Valencia cos Colectivos 'Glop' e 'Tolerados y Cómplices'. Exerce como profesor de Instituto en Ortigueira, Ribeira, La Puebla, Cambados e Betanzos. Posteriormente, abandona a docencia e trasládase a Nova Iorque, onde reside, pinta, observa e expón.
En 1992 Peteiro instala o seu estudio na Coruña. A súa obra é recoñecida e contrastada pola boa acollida de crítica e galerías de arte en Galicia, Madrid, Mallorca, Nova Iorque, Porto e Valencia, con máis de trinta exposicións individuais e importantes mostras colectivas. As súas pinturas e esculturas podémolas atopar en museos e coleccións. Algunha das súas obras, como a escultura que preside a entrada do Acuarium Finisterrae da Coruña, convertéronse en parte da iconografía da cidade.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
2002: Sala de la Lonja (Alacante), Galería Alameda (Vigo).
2001: Casa da Cultura "Benito Pérez Armas", Yaiza (Lanzarote), Galería "Maneu", Palma de Mallorca.
2000: Sala Bergara , BBVA, (Barcelona), Casa da Parra, Xunta de Galicia (Santiago de Compostela), Salón do Concello (Carnota).
1999: La Alhóndiga, Sala Municipal (Segovia), Sala Casino Atlántico, A Coruña (Serigrafía), Casa de Galicia, Bilbao (Serigrafía).
1998: Galería Fauna`S (Madrid), Galería Paloma Pintos (Santiago de Compostela), Estación Marítima, Sala Municipal (A Coruña).
1997: Parque Santiago V, Los Cristianos - Tenerife. (Escultura)
1996: Galería Bennassar (Mallorca), Sala Juan Ismael (Fuerteventura), Galería Punto (Valencia), Galería Espalter, El Escorial (Madrid), Galería Sargadelos (Ferrol).
1995: Galería Fauna`S (Madrid), II Buco Galery (Nova Iorque), Casa de Galicia, Xunta de Galicia (Madrid).
1994: Sala Elite (Palma de Mallorca), Sala Casino Atlántico (A Coruña).
1993: Galería Nazareth`S, O Porto (Portugal), Sala da Delegación de Cultura (Pontevedra), Fundación Araguaney (Santiago de Compostela), Sala Caixavigo (Vigo), Galería Severo Pardo (Vigo).
1992: Galería Dársena (A Coruña), Galería Sargadelos (Santiago de Compostela).
1991: Beach and Yacht Club, Manaroneck Gallery (Nova Iorque), Sala Casino Atlántico (A Coruña).
1988: Circulo de Belas Artes (Lugo), Sala Municipal Durán Loriga (A Coruña).
1986: Sala Cruz Roxa (Ortigueira).
1985: Sala Pazo Municipal (A Coruña).
1984: Sala Caixa Galicia (A Coruña).
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
2001: Galería Alameda (Vigo), Subastas Durán (Madrid), Subasta de Axuda ó Salvador. Nh.(Vigo).
2000: Galería Trebellar (A Coruña), Galería Ana Fernández. Vilagarcía (Pontevedra), Galería Alameda (Vigo), Glub Financieiro (Vigo), Galería Fauna`S (Madrid), De Val Internacional (Forteventura).
1999: Galería Alameda (Vigo), Casa de Galicia. Xunta de Galicia (Madrid), Club Financieiro (Vigo), Fundación Rodriguez-Acosta (Granada-Madrid).
1998: Arte Gráfico. Museo de Arte Contemporáneo (Ibiza), De Cráneo. A Domus, Casa do Home (A Coruña), “La Ciudad y El Arte”, Fundación Larios. (Escultura), Ii Trienal de Arte Gráfico. Caixa de Asturias (Xixón), “75 Años de Arte y Deporte en Galicia”, García Barbón (Vigo), Ponte das Pías (Ferrol), “Bodegóns e Floreiros”, Caixavigo, RTVG; Pintores Galegos (Santiago de Compostela).
1997: Galería Alameda (Vigo), Galería Atlántica (A Coruña), Cultureel Centrum Berchem, Amberes (Bélxica), Abelenda-Peteiro. Colexio Oficial de Médicos (A Coruña), “La Pintura Gallega S.XIX y XX”, Caixavigo, III Bienal de Arte de Lalín (Pontevedra), Galería Marisa Rosado (A Coruña).
1996: Salón de Outono, Real Academia Galega de Belas Artes (Santander), Arte (Galería Atlántica), Galería Noroeste (Santiago de Compostela), Galería Ra del Rey (Madrid), Galería Atlántica (A Coruña).
1995: IV Mostra Unión Fenosa, II Bienal de Arte, Lalín (Pontevedra), XIII Concurso de Artes Plásticas, Colexio de Enxeñeiros de Camiños (Madrid), Certame Isaac Díaz Pardo, Deputación da Coruña, Médicos Mundi, Estación Marítima (A Coruña).
1994: III Bienal Fundación Araguaney (Santiago de Compostela), 24 Pintores Galegos, Deputación da Coruña
1991: Museo Provincial de Lugo, II Mostra Unión Fenosa .
1990: Cabanas-Peteiro, Galería Espacio Mega, (A Coruña).
1989: I Mostra Unión Fenosa (A Coruña).
1988: Centro Cultural de Vilalba (Lugo).
1985: Colectivo Glop (Valencia).
1984: Expo Joven, Valencia, “Tolerados y Cómplices” (Valencia), Concello de Cambre (A Coruña).
1982: Pazo do Marqués de Dosaguas (Valencia), Feira do Metal e Escultura (Valencia).
1981: Centenario Picasso (A Coruña).