Licenciado en Física pola Universidade de Santiago de Compostela (1991), doutor europeo en Física (1995).
Actualmente é Catedrático de Electromagnetismo na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela.
A súa actividade investigadora versa, por unha banda, sobre propiedades magnéticas e eléctricas de materiais e nanotecnoloxía, un eido no que ten publicado máis dun cento de artigos de investigación en revistas internacionais, 3 deles en colaboración co Premio Nobel John B. Goodenough.
Por outra, investiga na modelización matemática de sistemas sociais (dinámicas lingüísticas, epidemioloxía,…) e tamén ten abordado eidos como a mellora de técnicas de imaxe médica con baixa radiación, cuestións de certas áreas de matemáticas, enxeñaría eléctrica, enxeñaría química para o tratamento de augas, didáctica da teoría da relatividade, xeografía e optometría.
Colaborador da Secretaría General de Política Científica y Tecnológica - Ministerio de Educación y Ciencia, para a creación e posta en marcha do Laboratorio Internacional Ibérico de Nanotecnoloxía (INL) de Braga, Portugal (2006-2007).
En 2016 foi elixido Académico Correspondente da Real Academia Galega.
En 2024 foi elixido conselleiro plenario do Consello da Cultura Galega.
En 2018 foi nomeado membro da comisión de expertos do Goberno de España para a reforma da hora oficial.
En 2020 foi membro do equipo de 4 investigadores encargados da predición da evolución da pandemia COVID19 para o Goberno de Galicia.
Ademais do seu labor científico e académico, dende finais dos anos 90 é un activo divulgador científico.
En televisión, colaborador científico nos programas «Que serán?» (TVE-Galicia) (1999), «Arrampla con todo» (2004), «Ciencianosa» (2006-2008), «Luar» (2010-2011) e «Atmosféricos» (2022-), estes catro últimos na Televisión de Galicia. Nesta misma canle foi, ademais, o experto en cifras do programa «Cifras e letras» durante 7 anos (2006-2012), e experto en ciencias dos programas «Verbas van» durante 4 (2013-2016) e «Coma un allo» (2017-2021).
En radio, seccións científicas na Radio autonómica de Galicia (2000-2007 e 2014-actualidade), en Onda Regional Murcia (2012-2013) e en Radio Clásica - RNE (2016-2020).
Colaborador do diario «La Voz de Galicia» desde finais dos años 90, onde tamén é columnista científico.
Creador en 2005 do Programa ConCiencia, unha acción de divulgación científica artellada en torno a visitas a Galicia de Premios Nobel (ou o seu equivalente en matemática e ciencias da computación), que dirixe desde entón. No marco deste programa, en 2008 puxo en marcha o «Premio Fonseca de comunicación da ciencia», de carácter internacional.
Creador e responsable do primeiro nodo español da rede internacional Nerd Nite - nerdnite.com (sesións de microcharlas científicas en locais de ocio nocturno) (2012-).
Comisario da exposición "Un mar de xenios na fin da Terra" (a máis vista en Galicia en 2013).
Director da colección de divulgación científica da editorial da Universidade de Santiago de Compostela dende 2012.
Tradutor ao galego de "Unha breve historia do tempo" de Stephen Hawking e coordinador e revisor da tradución do principal libro de Albert Einstein sobre a teoría da relatividade.
É autor de 2 libros de divulgación científica: "A ciencia no punto de mira" (2010) (3 edicións en galego y 1 en castelán) e "¿A que altura está o ceo?" (2016) (3 edicións en galego y 1 en castelán) e coordinador doutras obras colectivas.
Premios de investigación científica:
Premio extraordinario de doutoramento.
Finalista do Premio 'Investigador Novel', da Real Sociedad Española de Física (1999).
Premio de Investigación en Ciencia e Tecnoloxía da Deputación de Pontevedra (2001).
Premio da Real Academia Galega de Ciencias (2002).
Premio especial del jurado, como titor, do VIII Certamen Universitario Arquímedes de Introducción a la Investigación Científica, da Dirección General de Política Universitaria do Ministerio de Educación (2009).
Premio do Colegio Oficial de Físicos de España (2010).
XXXIV Premio da crítica Galicia - modalidade de investigación (2011).
Mención de Honor - Premio de investigación da Real Academia Galega de Ciencias (2011).
Premio da Real Academia Galega de Ciencias ao proxecto "Predico" (proxecto que liderou sobre a predición de expansión do coronavirus) (2020).
Medalla de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias - área de matemáticas, física e ciencias da computación (2022).
Premios de divulgación científica:
Premio 'Física en Acción', da Real Sociedad Española de Física (2000).
Mención de Honor do Premio 'Ciutat de les arts i de les ciencies de Valencia' (2001).
Premio Nacional 'Ciencia en Acción', do MEC e o EIROForum (2005).
Medalla de Honor "Ciencia en Acción" (2010).
Premio "José María Savirón" de divulgación científica, da RSEF, RSEQ, RSME, COQ, CGE, COFIS, FZCC, RACZ, UZ, CSIC (2011).
Premio da Real Sociedad Española de Física - modalidad de enseñanza y divulgación de la física (2012).
Mención de Honor do Premio Nacional "Ciencia en Acción" - modalidade de divulgación científica (2017).
Premio Nacional «Ciencia en Acción» - modalidade de materiais didácticos de ciencia (2017).
Prisma especial do xurado - XXX Prismas "Casa das Ciencias" á divulgación - Concello de A Coruña (2017).
XL Premio da Crítica Galicia - modalidade de iniciativas culturais e científicas (2017).
XXII Premio Nacional de Edición Universitaria - Modalidad de edición digital y multimedia (2019).
I Premio de divulgación - Real Academia Galega de Ciencias e Xunta de Galicia (2020).
XXII Premio nacional "Ciencia en Acción" - Modalidade de divulgación científica (2021).
Premio da Cultura Galega - categoría de proxección exterior, polo Programa ConCiencia - Xunta de Galicia (2022).
Premio da Confederación de Sociedades Científicas de España á difusión da ciencia (2023).
Outros premios:
Destacado na portada do número conmemorativo do décimo aniversario da sección "Next Wave" da revista Science, pola combinación da actividade de profesor universitario e divulgador científico (2005).
"Galego do ano" do Padroado Fogar de Bergantiños (2008).
Premio Faro Nerio (2009).
Premio "Labor universitaria do ano", outorgado polo xornal Santiago Siete (2009).
Premio da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (2010).
Premio "Gallego del año" do Grupo de Comunicación Correo Gallego (2010).
Premio Radio Nordés en ciencias - Cadena SER (2010).
Elixido "Personaje del año" polo diario La Voz de Galicia -delegación Carballo / Costa da Morte- (2010).
Premio "Lois Peña Novo" (2014).
Premio Exxpopress - categoría autonómica (2016).
Premio "Rosa dos Ventos" do Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol de Bos Aires (2017).
I Premio "Turismo Fisterra", da Asociación Turismo Fisterra (2018).
I Premio "Embaixador do percebe de Muxía" (2021).
Premio Bos e Xenerosos, da Fundación Eduardo Pondal (2022).
I Premio Embaixador da Costa da Morte, de Costa da Morte Asociación Turística (2023).
Director do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (2006-2014).
Membro do consello editorial da Revista Española de Física (2012-2018).
Membro do consello de redacción da revista Grial (2016-).
Membro do grupo de "Socioloxía da lingua: demografía e evolución" da Real Academia Galega (2014-).
Membro do Patronato da Fundación Hipocrática do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña (2017-2021).
Membro do Consello da Cultura Galega, sección de ciencia, natureza e sociedade (2016-2024).
Presidente da Comisión Deontológica do Colegio Oficial de Físicos de España (2021-).
Voceiro e responsable da "Comisión Labarta Pose para o Día das Letras Galegas", supervisor de tests de ingreso da asociación "Mensa" en Galicia. Foi membro da Asamblea da Federación Gallega de Ajedrez e directivo da agrupación deportiva "Su a Agra".
A praza principal de Baio leva o seu nome dende xuño de 2022.
No eido deportivo foi campión galego de natación en categoría de veteráns, campión galego de baile de salón e obtivo títulos en competicións de taekwondo, esgrima e carreiras pedestres. Tamén competiu case 2 décadas na Liga Galega de Xadrez (8 tempadas en Primera División).