Jorge José Loira Gago


Data de Nacemento: 18 de outubro de 1963 (25 de agosto de 1982)
Lugar de Nacemento: Bueu (Pontevedra)

Web

La Tierra del Olpú (Extracto)
 Currículum

Procedente dunha familia vinculada co mar, era o primoxénito de catro irmáns.

Era un grande aficionado ó xadrez e á natación. Tamén lle gostaba practicar a pesca submarina e tocar a guitarra española. Sen dúbida, a súa meirande afición era a lectura. Entre moitos outros referentes, destacan: P. Neruda, C. Oroza, F. Pessoa, E. Pound, T. S. Eliot e R. M. Rilke. No eido da pintura, recibiu grande influencia de J. Miró e P. Picasso.

Empezou a escribir poesía sen cesar á prematura idade de 13 anos. Con 18 anos, viviu o primeiro e único desarraigo da súa amada Galicia para ir a estudiar Psicoloxía á Universidade de Salamanca. Alí, coñeceu a Don Gonzalo Torrente Ballester co cal cultivou unha boa amizade.

Dirixiu e colaborou na edición e publicación dunha Revista Cultural Universitaria chamada “NATURAL-MENTE”. Nesta etapa, centrouse na escultura e na pintura, deixando nun segundo plano a elaboración de novos poemas.

Nas vacacións de verán tralo seu primeiro ano universitario, falece no seu pobo natal, tras 5 días en estado de coma, debido a un Aneurisma Cerebral Cataclísmica.

En 2014 publicase o seu libro 'La tierra del Olpú', presentado nunha emotiva homenaxe celebrada en Bueu (Pontevedra).

'La Tierra del Olpú' é o libro que completa e complementa a obra poética de Jorge J. Loira TETRAEDRO.

 Obras realizadas

Palabras de Jorge sobre 'La Tierra del Olpú': "Estes tres planos, ó pecharse sobre sí mesmos forman o TETRAEDRO, e os tres tramos do tempo dos planos (os triángulos) están sustentados por unha base, e esa base é 'La Tierra del Olpú', un lugar onde o ente humano do morto reside e nace".