Pintor autodidacta, a súa obra foi seleccionada no V Premio de Pintura Caixa de Aforros de León – Ponferrada (1972), I Premio Cidade da Coruña de Pintura e Escultura (1982), IX Premio de Pintura Caixa de Aforros de León – Ponferrada (1986), III Certame de Pintura ‘Concello de Cambre’ (1986), XI Certame de Pintura ‘Concello de Cambre’ (1994), VII Certame de Artes Plásticas ‘Cidade de Lugo’ (2000), III Salón de Outono da Real Academia Galega de Belas Artes (2000), I Certame de Pintura Adeslas, A Coruña (2001) e II Certame Cultural Cooperativa Vinícola ‘Virgen de las Viñas’, Tomelloso - Cidade Real (2003).
Levou a cabo as seguintes exposicións:
-1997: Capela da Madalena (Arzúa), Sala do COAG (A Coruña), Sala Marisa Rosado (A Coruña), Liceo de Betanzos e Casa Charry (Oleiros).
-1998: Galería Sargadelos (El Castro).
-1999: Sala Municipal de Exposicións (Ferrol).
- 2000: Bombo (A Coruña) e Casa de Galicia (Madrid).
-2001: Winthertur (A Coruña). ‘16 Artistas’, Sala de Exposicións ‘Xosé Rei Lago’ (O Burgo).
-2002: ‘Exponadal’, Hostal dos Reis Católicos (Santiago de Compostela).
-2003: ‘Exposubasta Voluntarios do Prestige’, MACUF (A Coruña).
-2004: Exposición itinerante da Xunta de Galicia (A Coruña – Lugo).