Joaquín Ezquerra del Bayo


Categoría: Xeólogo
Data de Nacemento: 11 de setembro de 1793 (†14 de agosto de 1859)
Lugar de Nacemento: Ferrol (A Coruña)
 Currículum

Tras especializarse en Matemáticas nunha escola de Zaragoza, entrou como paxe na Corte de Carlos IV. Cultivou o debuxo e a pintura baixo a instrucción de Vicente López. En 1822 titulouse auxiliar da Escola de Enxeñeiros de Camiños. Durante 1826 e 1827 dirixiu unha fábrica de cristais en Aranjuez e en 1828 levantou o plano das minas de Riotinto. Durante 1939-40 desempeñou a cátedra de Física do Conservatorio de Artes e foi profesor de Mecánica Aplicada e Laboreo de Minas.

 Obras realizadas

Joaquín Ezquerra publicou numerosos traballos sobre Xeoloxía e estudios mineralóxicos entre os que destacan Indicaciones geognósticas sobre las formaciones terciarias del centro de España, Datos sobre la estadística minera de España en 1839, Geología. Nieves perpetuas y bloques erráticos, Sobre el carbón de piedra de Castilla la Vieja, Sobre la producción de metales preciosos, Memoria sobre las minas nacionales de Riotinto, etc. Tamén escribiu Pasatiempos literarios (1856), Parangón entre el esclavo y el propietario libre en el siglo XIX (1856) e Viaje por el norte de Europa hasta Suecia y Noruega (1857).

 Outros datos de interese

Foi membro da Real Academia de Ciencias, da Sociedade Económica do Gran Ducado de Baden e das Sociedades Xeolóxicas de París e Londres. Foi comendador da Orde de Carlos III.