Joaquín Caridad Arias


Categoría: Pintor, escritor e deportista
Data de Nacemento: 16 de agosto de 1927
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión
 Currículum

Doutor en Filoloxía Moderna, Doutor en Xermanística. Catedrático e diplomado en inglés, alemán, francés e ruso polas Escolas Centrais de Idiomas e do E.M. Realizou estudios de árabe, bérber, vasco e linguas célticas. Especialista diplomado en Criptografía e Descriptación polo E.M.C. Nos últimos 40 anos traballou na área da Toponimia e Antroponimia comparadas, mediante a análise dos materiais toponímicos, arqueolóxicos, epigráficos, míticos, históricos e documentais de todo o ámbito cultural europeo occidental, e en especial da antiga Gallaecia, para identifica-los vellos nomes prerromanos enmascarados baixo unha aparencia latina, galega, castelá... por efecto da interpretación popular ou cultista, e en especial os que se basean en nomes de antigas divindades prerromanas. Actualmente é membro do Institutum Canarium (Vöcklabruck, Austria) e traballa sobre temas similares no marco da cultura canaria prehispánica.

 Obras realizadas

-Toponimia y Mito. El origen de los nombres, Oikos-Tau, 1995.

-El Noms de Catalunya, Oikos-Tau, 1997.

-El Maresme en el marco de las religiones precristianas, Oikos-Tau, 1998.

-Cultos y Divinidades de la Galicia prerromana, Fundación P. Barrié de la Maza, 1999.

-Tenerife, Überlegungen zur Herkunft des Namens, Institutum Canarium, Viena, 2000.

-Los fenómenos de homonimia y homofonía en la toponomástica y su repercusión en las etimologías cultistas (CD-ROM).

-Toponimia céltica de Galicia, Diputación de Lugo, 2005.

Además, colabora en las siguientes publicaciones:

-ANALES, del Instituto de Estudios Madrileños (C.S.I.C.).

-ALMOGAREN, del Institutum Canarium (Viena).

-CENTRO E PERIFERIA (linguaxe, tradución e poesía), AULIGA, Madrid.

ACTIVIDADE ARTÍSTICA (pintura ó óleo, augaforte e xilograbado). Alumno en Lugo de Julia Minguillón e Luís Novo, augaforte en Toledo con Julio Pascual. Traballou posteriormente con membros da Escola de Madrid. Exposicións, obras e execución de murais en España, Alemaña, Holanda, Suecia, EE.UU., etc... Participou en: Exposición Nacional de Belas Artes (mención honorífica). Concursos Nacionais de Pintura e Gravado. Fomento das Artes (FAE), Fundación Rodríguez Acosta. Zeitgenössischer Kunst (Hamburgo). Premio Exército de pintura y gravado (dous segundos premios). Certame Nacional de Artes Plásticas (1º premio). Exposición Nacional de Arte Sacro (2ª medalla). Pintura rápida ó aire libre. Porto da Cruz (1º premio).

 Outros datos de interese

DEPORTES: Piragüismo. Participou no Descenso do Sella (3 veces), Ría de Avilés, Copa Miño (Lugo), Descenso do Ulla, Descenso do Miño (Os Peares - Ourense), Travesía do Lago de Sanabria, Lagoas de Ruidera, Desc. do Rin (Wiesbaden-Koblenz) etc... con diversos trofeos. Subcampión de España de Pentatlón Moderno (pedestrismo, equitación, esgrima, tiro e natación). Preseleccionado nesa especialidade para os Xogos Olímpicos de Roma (1960).