Alicia Alonso Fernández


Pseudónimo:Alicia Alonso
Categoría: Pintora
Data de Nacemento: 2 de febreiro de 1945
Lugar de Nacemento: A Garda (Pontevedra)
 Currículum

Desde nena tivo moi clara a súa vocación de pintora a pesar dos tempos difíciles e da súa condición de muller, pouco a pouco e de forma autodidacta foi abríndose camiño. A súa pintura é figurativa e trata principalmente unha temática costumbrista pero afastada de todo folclorismo. Quixo reflectir a escena campesiña e mariñeira captando as escenas vivas, sorprendendo ás súas xentes nos seus traballos, nas súas romarías, nas súas soidades. Tecnicamente, obsérvase unha precisión no debuxo, así como unha vitalización dos seus empastes dentro das múltiples capas superpostas, suaves e limpas.

 Obras realizadas

Entre as súas obras podemos destacar: Argaceiras e Faenando (ámbalas dúas nas dependencias da Xunta de Galicia en Santiago, na Consellería de Pesca), o mural Fillos do mar (no Centro Cultural da Garda), o retablo da Capela do Convento de Madres Benedictinas de Trasmañó en Redondela e o mural Mulleres, no que elaborou un profundo estudio psicolóxico da muller na soidade e na supervivencia. Entre os seus cadros podemos citar: Os contos da aboa, O monicreque, Lendo o Xornal, A Garda, Home lobo, Agarimo e Piedade.

 Outros datos de interese

No anos 1984, funda unha compañía de teatro. É cofundadora do grupo "Impas" de pintores que actualmente se encontra plenamente consolidado. En 1980, edita un libro de debuxos Apuntes para unha historia composto por 70 debuxos do seu pobo natal.