Casada e con dous fillos, é diplomada en Ciencias Empresariais pola USC. Dende maio de 1996 traballou en Os Irmandiños Soc. Coop. Galega desenvolvendo distintos postos de traballos. Está en excedencia desde maio de 2009, momento no que formaba parte do cadro directivo como responsable de Loxística e Vendas.
A súa primeira inclusión en política foi en 2007 na man do Partido Popular para formar parte da Candidatura do PP ao Concello de Lourenzá. Na primeira lexislatura é a encargada da Concellería de Medio Ambiente e Medio Rural.
Toma posesión como Deputada Autonómica en 2009, na actualidade é Presidenta da Comisión de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes e Vocal na comisión de Economía e Industria. É Voceira de Montes do Grupo Parlamentario Popular.
Forma parte da Comisión de Agricultura do Partido Popular de Galicia e participou na redacción do Programa Marco das Eleccións Municipais do 2011.
Forma parte da nova Corporación do Concello de Lourenzá estreándose como Voceira Municipal e facéndose cargo da Concellaría de Medio Rural, Sanidade e Asuntos Sociais.