Jesús González Concheiro


Pseudónimo:Concheiro
Categoría: Pintor
Data de Nacemento: en 1897 (†24 de setembro de 1955)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Desde moi novo amosou habilidades para o debuxo e os seus primeiros pasos foron dirixidos polo seu protector Fernando Álvarez de Sotomayor. Atendeu a cursos do Círculo de Belas Artes de Madrid e chegou a celebrar sete exposicións, sendo aínda moi novo.

 Obras realizadas

Concheiro creou debuxos e acuarelas que se atopan na Pinacoteca Provincial da Coruña. Despois da súa estancia en Madrid e ó seu regreso a Galicia, Concheiro vólvese esquizofrénico. Isto lévao a crear unha pintura anormal, con caracteres absurdos, pero dun alto valor artístico. No seu álbum de debuxos de 1930, as pinturas reflicten unha clara distorsión imaxinativa.