Jesús Cano Serrano


Categoría: Artesan de instrumentos musicais
Data de Nacemento: 17 de xuño de 1960
Lugar de Nacemento: Los Llanos (Cidade Real)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

É profesor de EXB na rama de Ciencias Sociais e Educador Social. Realizou cursos de cerámica, tapices e papel reciclado.
Desde 1995 traballa como educador no centro de atención a persoas con discapacidade, da Consellería de Vicepresidencia e Benestar Social, da Xunta de Galicia, en Sarria (Lugo). Anteriormente, traballou de profesor de adultos e monitor de manualidades.

 Obras realizadas

Ten realizado exposicións con taller en vivo, en Rubián, Lugo (2005) e en Sarria, durante a Feira de Anticuarios do 2006. Tamén fixo unha exposición na Sala de Exposicións do Edificio Multiusos da Xunta en Lugo e outra con Abraham Cupeiro na Casa da Cultura de Sarria (2006).
Impartiu unha clase práctica de instrumentos tradicionais galegos, no campamento xuvenil de A Devesa (Ribadeo), dependente da Consellería de Vicepresidencia, en agosto do 2006.

 Outros datos de interese

O seu obxectivo é rescatar do esquecemento e reproducir, o meirande número de instrumentos tradicionais esquecidos, preferentemente de Galicia, aínda que tamén do resto da península e do mundo. Ata o momento, ten construído 96 instrumentos tradicionais, dos que 66, son galegos. Ten catalogados 26 obxectos cotiáns instrumentalizados e 14 instrumentos musicais, construídos con material de reciclaxe.
Posúe un blog sobre instrumentos: http://cantagalos.blogspot.com