Victorino Abente Lago


Pseudónimo:Moraben e Tío Comandulas
Categoría: Poeta
Data de Nacemento: En 1846 (†En 1935)
Lugar de Nacemento: Muxía (A Coruña)
 Currículum

Estudiou Medicina en Santiago pero dedicouse por completo á poesía. En 1869 emigrou a Paraguai e un ano máis tarde comezou a colaborar co xornal paraguaio El Pueblo, firmando unha sección titulada “Mesa revuelta”.

 Obras realizadas

Publicou poemas como “La quygua vera”, “El beso”, “La ramera”, “Silogismos”, “Sonetos”, “La Sibila paraguaya”, “El oratorio de la Virgen de la Asunción” e “Salto Guaira”. En 1887 publicou Poemas satíricos y gozosos. Volveu a Galicia, onde publicou o poema “Volta prá Terra” e a lenda en verso La novia del marinero (A Coruña, 1882), pero posteriormente regresou definitivamente a Paraguai.