Jerónimo A. Fernández Torrente


Categoría: Médico
Data de Nacemento: 17 de Maio de 1954
Lugar de Nacemento: O Vicedo (Lugo)
 Currículum

Formación académica
-Licenciado en Medicina e Cirurxía, Facultade de Medicina - Universidade de Santiago de Compostela (1971-1977) con sobresaliente na licenciatura.
-Diplomado en Sanidade pola Escola Nacional de Sanidade (Madrid).
-Máster posgrao en Métodos Estatísticos Aplicados a Ciencias da Saúde, Universidade Autónoma de Barcelona (1990).
 
 Experiencia Profesional e Colexial Médica
-Médico xeral por concurso oposición desde 1977, con exercicio profesional como Médico de Cupo e zona en Vilalba (Lugo) (1977–1981).
-Desde 1981 ata a actualidade desenvolve o seu exercicio profesional en Lugo como médico xeral. Desde 1988 é médico xeral integrado en equipo de Atención Primaria do Centro de Saúde “La Milagrosa” (Lugo).
 
 
Organización Médica Colexial - Consello Xeral de Colexios Oficiais Médicos de España www.cgcom.es
-Diversos cargos relevantes en Asociacións Profesionais e Sociedades Científicas de Médicos Xerais de zona (1980–1984).
-Secretario xeral da Academia Médico – Cirúrxica de Lugo (1984–1988).
-Vogal de Medicina Extrahospitalaria da Seguridade Social do Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Lugo e representante autonómico de Galicia de Medicina Extrahospitalaria no Consello Xeral de Médicos (1988–1994).
-Membro do Consello Asesor Técnico de Atención Primaria da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia en 1992.
-Representante nacional de Medicina Extrahospitalaria do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Médicos (1994–2007).
-Representante nacional da Sección de Atención Primaria Urbana do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Médicos (2007–2009).
-Desde 1998 é membro da Delegación Española do Consello Xeral de Médicos de España na Unión Europea de Médicos Xeneralistas (U.E.M.O.).
-Vicesecretario da Organización Médica Colexial (abril de 2009).