Formouse academicamente na facultade de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela.
Na década dos 90 fundou, xunto con outros autores da súa xeración (Miro Villar, María Lado, Alexandre Nerium, Rafa Villar, etc), o “Batallón Literario da Costa da Morte”, colectivo de escritores e escritoras de grande relevancia no sistema literario galego contemporáneo.
Na actualidade forma parte do PEN Clube de Galicia e da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
A súa obra literaria abrangue diversos xéneros como a poesía, o ensaio ou a literatura infantil. Destacan, entre outros os seguintes títulos:
Do amor salgado (1997).
De mar e vento (1997-coautor).
Ese estraño silencio (2002).
Derrotas con raíces (2007).
De Pondal ó Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte (2009). Coord.
Mar de ausencias (2011).
Fisterra, a derradeira perla de occidente (2014).
Atlántica luz. Poesía mazeira 1995-2015 (2015).
Adagio por outono (2016).
Devalar sen pel (no prelo).
A súa obra poética está en posesión de numerosos premios literarios; entre os que que cómpre salientar os seguintes:
Gañador do IV Certame de poesía “O Grelo-Amigos de Galicia”.
Gañador do II Certame de Poesía “Manuel Curros Enríquez”.
Gañador do “Premio do Seminario de Estudos Comarcais, SEMESCOM, 2012”.
Gañador do Certame de poesía “Francisco Fernández del Riego”.
Gañador do Certame de poesía “Francisco Añón” do concello de Outes.
Gañador do Certame de poesía “Avelina Valladares” do concello de A Estrada.
Gañador do Certame de poesía “Manuel Curros Enríquez”.
Gañador do “XLI Certame Literario do Concello de Vilalba”.
Gañador do “XIX Premio de Poesía do Concello de Carral”.
Poemas da súa autoría figuran recollidos en moitas antoloxías de ámbito galego e castelán e, tamén, traducidos ao inglés, ao catalán e ao portugués.