Javier Muro Alonso


Categoría: Mago, ilusionista

Web
 Currículum

Polo que respecta á súa formación, realizou cursos de maxia no estudio de maxia de José Luis Ballesteros en 1983 (nivel de iniciación en marzo e nivel medio en outubro), un curso de maxia en abril de 1987 impartido por Juan Tamariz e asistiu ás Xornadas Máxicas de El Escorial (Madrid) que se celebran cada ano en novembro para o estudio e profundización da maxia (1988 e 1989).

 Obras realizadas

En canto á súa experiencia laboral, ten unha dilatada experiencia en concellos, empresas, hoteis, etc… Esta é unha pequena mostra:
A Cova do Trasgo, Café-Teatro, rúa Alfonso XIII, 23 – Vigo.
Bueu. Asociación de Empresarios de Arcade - Pontevedra.
Casa do Mar, Bueu – Pontevedra
Citröen, Presentación do AX en Madrid.
Club Ferrari de Cataluña.
Dado-Dadá, Teatro-Jazz, Rúa Alfonso Brañas, Santiago de Compostela.
Dier Maüer, rúa Arturo Soria, 195 – Madrid.
Ferrol. Teatro Torrente Ballester, ‘Un mundo de ilusiones. Magia teatral’, Ferrol.
Gaudí, rúa Virxe do Camiño, 26 - Pontevedra.
Hotel Galatea, Paxariñas, s/n - Pontevedra.
Hotel Palacio de Vigo, Avda. García Barbón, 17 – Vigo.
Lugo. II Festival de Maxia Internacional, Auditorio Gustavo Freire, Lugo.
Marín, II Gran Festival de Maxia, Marín - Pontevedra
Monforte de Lemos, Concello de Monforte de Lemos.
Parador de Baiona, Baiona - Pontevedra.
Peugeot, concesionario oficial Cover. Av. de Vigo, Km 2, Pontevedra
Pontevedra, Pazo de cultura (auditorio). Festival sen fronteiras.
Sala Manteca Jazz, I Festival de Ilusionismo, Calle Carral, Vigo.
Sala Galileo Galilei, Café-Teatro-Jazz, calle Galileo, 100 – Madrid.
Cangas, Concello de Cangas de Morrazo - Pontevedra.
Villagarcía de Arosa, Auditorio, Vilagarcía – Pontevedra.
Volvo, Concesionario Autesa – Ctra. de Baiona, 95 – Vigo.

Ademais, participou na película ‘El amor perjudica seriamente la salud’ de Manuel Gómez Pereira.

 Outros datos de interese

É membro da Asociación Viguesa de Ilusionismo (AVI) desde xuño de 2002 e membro fundador da Asociación de Ilusionistas Pontevedreses (ADIP) en xaneiro de 2005.

Páxina web: www.javiermuro.com