Javier Losada naceu en A Coruña en 1955. Licenciado en Medicina e Cirurxía. Militante do PSOE desde 1979, compatibilizou o exercicio da súa profesión coa actividade política ata a súa elección como concelleiro do Concello de A Coruña en 1983.
Durante a súa longa carreira na corporación municipal xestionou as áreas de Educación, Cultura, Economía, Planificación e Urbanismo. Tras desempeñar os cargos de tenente de alcalde e voceiro do Goberno Municipal, accedeu á alcaldía en marzo de 2006, cargo que revalidou nas eleccións municipais de 2007, ás que acudiu como cabeza de lista dos socialistas coruñeses.
Javier Losada renovou nas eleccións xerais de marzo de 2008 a súa acta de senador pola provincia de A Coruña, sendo o candidato máis votado da cidade e o único senador socialista da provincia. É presidente da Comisión de Entidades Locais do Senado. Ademais, é secretario xeral da Agrupación Socialista Coruñesa e membro do Comité Federal do PSOE.
Gran afeccionado á música clásica, foi un dos impulsores da fundación da Orquestra Sinfónica de Galicia. Gústalle a lectura, o cine e pasear pola cidade. Está casado e ten dous fillos.