
CurrículumDurante os tres primeiros anos da súa vida profesional traballou na empresa Dragados e Construccións. En 1968 incorporouse á Fábrica de Aluminio de Galicia na Coruña como xefe de mantemento e á fábrica de aluminio de Saint Jean de Maurienne en Francia en 1973. En 1975 regresou a España, a Madrid, ocupando o cargo de coordinador xeral e director do proxecto da Fábrica de Aluminio Español – Alúmina Española en San Ciprián (Lugo), pasando en 1979 a facerse cargo da dirección da planta de aluminio. A finais de 1985 incorporouse de novo á fábrica de ALCOA INESPAL, S.A. na Coruña, ocupando o posto de director de fábrica ata xuño de 1999 e a partir desa data o de director técnico para as fábricas de aluminio españolas. Na actualidade está xubilado.
Obras realizadasEn contraste coa súa formación técnica, é afeccionado e experto en temas relacionados coa historia e a nobreza galega, fundamentalmente nos séculos X, XI e XII, e en concreto, o Monacato en Galicia, sobre o que deu numerosas charlas e conferencias. Os seus traballos baséanse no estudio das fontes documentais da alta idade media galega. Posúe unha extensa biblioteca sobre a arte e a historia de Galicia, especializada en temas medievais, con máis de tres mil volumes. Na actualidade é presidente da Asociación de Estudios Históricos de Galicia. Froito de todo iso, é a publicación de numerosos traballos sobre o monacato galego, destacando o referente ó mosteiro de Santa María de Monfero (trece publicacións, a última delas, con 1140 reseñas dos documentos medievais, despois de reconstituír o arquivo do Mosteiro), o mosteiro de San Juan de Caaveiro, San Isidro de Callobre, San Salvador de Cines, Sal Salvador de Bergondo, etc, ata chegar, despois de máis de dez anos de investigación, ó libro Historia del Monasterio de Santa María de Monfero, obra que recolle, por primeira vez, unha historia documentada e detallada deste importante mosteiro do Císter. Sobre a nobreza, editou recentemente o libro La nobleza altomedieval gallega. La familia Froilaz-Traba (importantes personaxes galegos nos séculos XI e XII). En total, nos últimos anos, leva vinteoito traballos publicados.
Outros datos de intereseA destacar tamén os seus coñecementos sobre filatelia, coa publicación de numerosos artigos en revistas especializadas (foi presidente da Sociedade Filatélica da Coruña), sobre ferrocarrís, con publicacións sobre locomotoras de vapor e coches-restaurant e coches-cama (presidente da Asociación de Amigos do Ferrocarril da Coruña) e sobre exiptoloxía, tanto en arte como en historia e mitoloxía, con amplas bibliotecas sobre estas afeccións.