Rosendo Manuel Figueroa Dorrego


Data de Nacemento: 8 de xulio de 1940
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Ciencias Políticas, Económicas e Comerciais, Sección de Económicas e Comerciais, especialidade “Economía da Empresa”.

Master en Xestión Pública Directiva, pola Universidade Carlos III de Madrid en colaboración co Centro de Estudios superiores da Función Pública do INAP, cunha duración de 500 horas lectivas (1999-2002).

Diploma en “Studi Europei”. “Economía Europea”, Curso de especialización para pos-graduados becado no Stituto Alcide de Gasperi” da Universidade de Roma.

Diploma en “Auditoría Financeira”. Curso de 400 horas lectivas, organizado polo Ilustre Colexio de Economistas de Lugo en colaboración coa Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago, homologado polo Rexistro de Economistas Auditores (REA) do Consello Xeral de Colexios de Economistas de España (1983-1984).

“Curso Superior de Contabilidade e Auditoría Financeira” (120 h.). Organizado polo Ilustre Colexio de Economistas de Lugo e impartido pola firma “Price Waterhouse”.

“Curso Superior Tributario” (100 h.). Organizado polo Ilustre Colexio de Economistas de Lugo e impartido pola firma “Price Waterhouse”.

Curso “Programa de Alta Dirección”. Instituto Nacional de Administración Pública do MAP (1997-98).

1998. Diploma de “Directivo Adaptado a Altos Cargos da Xunta de Galicia” da EGAP.

 Obras realizadas

EXPERIENCIA DOCENTE

Encargado da Cátedra de 'Contabilidade'. Escola de Comercio de Lugo, nos curso de 1970 a 1974.

Profesor de 'Iniciación ás Ciencias Económicas e Sociais' nos Cursos de Orientación Universitaria (1970 a 1973).

Profesor de 'Estatística e Técnicas de Investigación Social” do Seminario de Graduados Sociais, da Universidade de Santiago de Compostela.

Profesor da EGAP, Escola de Negocios e da Escola de Administración Pública de CaixaNova.

 

EXPERIENCIA ADMINISTRATIVA

Secretario -non Conselleiro- do Consello de Administración da Empresa Pública Galega “Xestión Urbanistica de Lugo S.A.”, dende a súa constitución en 1978 a 1994.

Director do “Servizo de Promoción Industrial, para o Desenvolvemento da Provincia”, Consorcio da Deputación Provincial de Lugo, dende 1973-1985.

Director do “Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social” (INLUDES) (1985-1995).

Secretario Xeral do Consello de Contas de Galicia, dende o 11 de novembro de 1995-2007.

Economista na Deputación de Lugo (2007-2010).

 

EXPERIENCIA PROFESIONAL

Economista, Colexiado co Nº LU-2, do Ilustre Colexio de Economistas de Lugo, con antigüidade do 10 de Abril de 1972.

Economista en Exercicio Libre da Profesión dende o 1 de xulio de 1981 ata setembro de 1995.

Decano do Ilustre Colexio de Economistas de Lugo dende 1980 a Novembro de 1995.

Auditor, Inscrito no “Rexistro Oficial de Auditores de Contas” (ROAC) do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas do Ministerio de Economía e Facenda co Nº6997, como Exercente ata o 29 de setembro de 1995, en que se solicitou o paso á situación de Non Exercente.

Membro do “Rexistro de Economistas Auditores” (REA), do Consello Xeral de Colexios de Economistas de España, co Nº 1441.

Socio-Administrador da Empresa 'Servicios de Auditoría y Consulting de Empresas S.L. (SACE)', creada en 1988 e inscrita no Rexistro Oficial de Auditores de Contas (ROAC) co Nº S-0289, ata o 29 de setembro de 1995, en que cesou como Administrador, Socio e Auditor da Firma.