Asunción Rodríguez Adá


Pseudónimo:Asun Adá
Categoría: Fotógrafo
Data de Nacemento: 19 de agosto de 1976
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Estudia Imaxe e Son, o que lle da a base da fotografía así como traballar desde hai máis de dez anos en medios de comunicación como TVE e TVG en labores de realización que a manteñen día a día en análise da imaxe. Os avances da mesma son resultado de horas de traballo, a constancia nela e un continuo querer saber y experimentar.
Deseñadora, fotógrafa e maquetadora do recetario “Raíces da Cociña Artesá”, publicado en 2006. Tamén como Fotógrafa participa en outros libros publicados como “Aconteceres da Capela de San Pedro de Leiro” (2005), “Vals Latino” (2006) e fai un par de portadas para libros de Delta Publicacións en 2008, un cunha fotografía realizada en Espinho, e o outro coa obra “Dualidad” pintada a pastel.
De pequena recibe clases de debuxo e pintura, ainda que os seus avances son experimentos e búsquedas para sacar o que leva no seu interior. Dende hai anos imparte clases de debuxo e de pintura en Cea, e tamén da cursos de fotografía en diferentes colexios ou asociacións.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
Museo Virtual da Deputación de Ourense.
2005. Exposición de pinturas “Paseos polo Interior” Casa Escudo de Verín (Ourense).
2005. Exposición de fotografía “Nalgueres” Casa Escudo de Verín (Ourense).
2005-2006. Exposición de pintura en Convido, Caldas de Reis (Pontevedra).
2006. Exposición de fotografía “Nalgueres” Liceo de Ourense.
2006. Mostra de fotografía “Nalgueres” Café Cátedra, Ourense.
2006. “Formas de mirala vida” Auditorio de Carballiño (Ourense).
2007. “Mirando á vida” Multiusos de Cea (Ourense).
2007. “Camiñando un camiño” Casa Curro, Monçao (Portugal).
2008. “Polo camiño” Casa da Cultura de Chantada (Lugo).
2008. “Recortes del camino” Café Cátedra, Ourense.
2008. “Instantáneas do meu camiño” Outono Fotográfico, Sala O Potiño, Carballiño/ IES nº1 de Carballiño (Ourense).
2009. “De ayer y hoy” Centro Comarcal do Carballiño (Pintura)
2009. “Instantáneas do meu camiño” Outono Fotográfico, Librería Eixo (Ourense), Concello de Leiro, Concello de Carballiño.
2009. Exposición de Fotografías “de Cea” Multiusos de Cea.

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
2005-2007. Mostra en Café Luva, Ourense.
2007. Café Jesús Soria, Ourense.
2007. Internacional “Telas al viento” coa obra: “Libertad por derecho”.