Javier Cerqueiro Mosquera


Categoría: Médico Especialista en Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora
Data de Nacemento: 5 de xuño de 1964
Lugar de Nacemento: Venusberg – Bonn (Alemaña)
Teléfono: 981120126 - 902362241
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1990), é membro por oposición do Real Colexio de Cirurxiáns de Edimburgo. FRCS Ed. Edimburgo (outubro 1998), médico especialista en Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora e membro N.717 da Sociedade Española de Cirurxía Plástica, Reparadora e Estética.
FORMACIÓN ESPECIALIZADA:
-Otorrinolaringoloxía - Cirurxía de Cabeza e Cuello, médico residente no Southend General Hospital, Reino Unido (decembro 1991 – xuño 1992).
-Ortopedia e Traumatoloxía, médico residente no Mary´s Hospital, Sidcup, Kent - Reino Unido (agosto 1992 – xaneiro 1993).
-Unidade de Urxencias Médico-Cirúrxicas. Posto con coidados intensivos, médico residente no Royal Victoria Infirmary, Newcastle-upon-Tyne - Reino Unido (febreiro 1993 – xullo 1993).
4. Profesor axudante de Anatomía, contrato académico, investigación, Universidade de Southampton, Facultade de Medicina, Southampton - Reino Unido (agosto 1993 - febreiro 1994).
5. Uroloxía, médico residente, Colchester General Hospital, Colchester - Reino Unido (xullo 1994 – xaneiro 1995).
6. Cirurxía xeral (mama e dixestivo). Posto con coidados intensivos, médico residente, Colchester General Hospital, Colchester - Reino Unido (febreiro 1995 - agosto 1995).
7. Cirurxía plástica, estética e reparadora: médico residente na West Midlands Regional Plastic & Reconstructive Surgery Unit, Wordsley Hospital Stourbridge, West Midlands - Reino Unido (novembro 1995 – marzo 1998), no Wexham Park Hospital, Slough (novembro 1998 – febreiro 1999) e no Great Ormond Street Hospital for Sick Children, Londres - Reino Unido (febreiro 1999 – agosto 1999).

 Obras realizadas

POSICIÓNS PREVIAS. SPECIALIST REGISTRAR:
1. Unidade Rexional de Cirurxía Plástica e Unidade de Coidados Intensivos para pacientes queimados, Stoke Mandeville Hospital, Aylesbury – Buckinhamshire, Reino Unido (agosto 1999 – agosto 2000).
2. Departamento de Cirurxía Plástica, Radcliffe Infirmary, Oxford - Reino Unido (agosto 2000 – abril 2001).
3. Departamento de Cirurxía Plástica, Royal Free Hospital & University College London Hospital, Londres - Reino Unido (maio 2001 – maio 2002).
4. Master en Cirurxía Plástica-Estética, The London Institute of Cosmetic and Reconstructive Surgery, Plastic Surgery Partners Wellington Hospital e St. John’s and St. Elizabeth’s Hospital Londres, Reino Unido (maio 2002 – febreiro 2003).

2.ÁREAS DE EXPERIENCIA CIRÚRXICA ESPECIALIZADA
Cirurxía estética, rexuvenecemento facial, cirurxía estética mamaria, cirurxía do contorno corporal, tratamento de lesións cutáneas benignas (cicatrices, tatuaxes, tumores…), terapia LASER e peeling químico, manexo cirúrxico da patoloxía maligna de pel e tecidos brandos, melanoma, carcinoma espinocelular e basocelular, sarcomas de tecidos brandos, tumores de cabeza e cuello, disección radical inguinal, axilar e cuello, manexo de traumatismos, traumatismos de man, incluíndo tendóns, nervios, vasos sanguíneos e ósos, infeccións de man, traumatismos de tecidos brandos no macizo facial, fracturas nasais, traumatismos das extremidades incluíndo fracturas abertas en combinación co equipo de traumatoloxía, queimados, tratamento inicial das feridas por queimadura, manexo da cicatriz post queimadura, manexo do gran queimado, resucitación, infeccións, cobertura cutánea, rehabilitación cirúrxica, úlceras, reconstrución do queimado facial, cirurxía plástica pediátrica, labio leporino e fisura palatina, cirurxía craneofacial, cirurxía de hipospadias, cirurxía da man conxénita, orellas soplillo, cirurxía de man en xeral, Dupuytren, cirurxía da descompresión de nervios periféricos.

Aplicación da Cirurxía Reconstrutiva e Estética
-Cirurxía reconstrutiva de cabeza e cuello: carcinoma de cavidade bucal, padal, nariz, antro maxilar e farinxe, principios xerais da resecación cirúrxica, disección radical de cuello, reconstrucións funcional e estética, reconstrución mandibular, próteses, parotidectomía e reanimación da parálise facial.
-Cirurxía reconstrutiva e estética facial e labial: reconstrución de perdidas de sustancia facial, reconstrución do labio superior e inferior, ‘Lifting’ facial e técnicas de tratamento do envellecemento facial.
-Cirurxía reconstrutiva e estética do nariz: reconstrución de pérdidas cutáneas, resecación submucosa, escisión de cornetes, rinoplastia reconstrutiva, rinoplastia cosmética e rinoplastia de aumento.
-Cirurxía reconstrutiva e estética das pálpebras: tumores, reconstrución de pérdidas cutáneas, reconstrución da pálpebra superior e inferior, reconstrución da cella, cirurxía oculoplástica (blefaroplastia incluíndo pel, músculo e tecido adiposo, ptose, entropium e ectropium).
-Cirurxía reconstrutiva e estética da orella: tumores de orella, pérdida total ou parcial de orella, reconstrución da microtia e a anotia, prótese osteo-integradas e lóbulo resgado.
-Cirurxía reconstrutiva e estética mamaria: xinecomastia, síndrome de Poland, reconstrución de mama e complejo areola-pezón post-mastetomía total ou parcial, mastectomía subcutánea, mamoplastias de redución e aumento, mastopexia e cirurxía mamaria do transexualismo.
-Cirurxía reconstrutiva e estética de tronco e extremidades: cirurxía reconstrutiva de parede torácica e abdominal, pectus excavatum, abdominoplastia incluíndo liposución, cirurxía das úlceras de decúbito, tratamento cirúrxico de defectos lipotróficos con lipoescultura por aspiración e dermo-lipectomias, reparación primaria e reconstrución de pérdidas complexas de tecidos brandos e esqueléticos en extremidades post-trauma en conxunción con outras especialidades, rehabilitación cirúrxica da extremidade complexa post-trauma, amputacións e tumores.
-Cirurxía reconstrutiva genitourinaria: hipospadias e epispadias, plastias vaxinais.

4. PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS:
1. G.Spirou, O.G.Titley, J.Cerqueiro e M.F.T.Fatah: ‘Annals of the Royal College of Surgeons of England A survey of General Surgeons' attitudes towards breast reconstruction’, (maio 1998).
2. Cerqueiro-Mosquera J. e Fleming A. N.: ‘Journal of Hand Surgery [British and European Edition] The bilobed flap: A new application in the reconstruction of congenital thumb deviation’, (xuño 2000).
3. A. Aymat, J.Cerqueiro, D.M.Thomas, M.Saunders, P.Burton e D.L.Baldwin.: ‘CME in Otolaryngology and Head and Neck Surgery. Mixoid neurofibroma of the head and neck’.
4. J. Cerqueiro e M.F.T.Fatah: ‘Annals of Plastic Surgery. Facial palsy and Achondroplasia. Rare association’ (agosto 2001).
5. SC Tucker, J.Cerqueiro, GD Stern e A.Bracka: ‘Annals of the Royal College of Surgeons of England Circumcision: A refined technique and 5 year review’ (2001).
6. J.Cerqueiro, A.N.M.Fleming, M.M.Shibu e P.J.Smith: ‘The Journal of Hand Surgery (British and European Volume) Hazards of tourniquet use in Children’, aceptada por panel editorial.
7. J.Cerqueiro e P. Mallucci: ‘Plastic and Reconstructive Surgery. The surgical glove as a breast sizer of variable volume. A cost effective tool in breast augmentation and reconstruction’ (agosto 2002).
8. J.Cerqueiro e B.Matti: ‘British Journal of Plastic Surgery 2003. Beneficial use of an
ice-balloon as part of botulinum toxin type A therapy for facial dynamic wrinkles and other skin procedures’.

5. PRESENTACIÓNS EN CONGRESOS
1. Congreso Nacional da Sociedade de Cirurxía da man, Bristol (novembro 2000).
2. Sociedade Británica de cirurxía da man, Bristol (novembro 2000).
3. Reunión da Sección de Cirurxía Plástica da Real Sociedade de Medicina do Reino Unido (febreiro 1999).
4. Congreso da Sociedade Española de Cirurxía Plástica Reconstrutiva e Estética, Las Palmas de Gran Canaria (maio 2000).
5. Limiting incisions in face lifts. British Association of Plastic Surgery. Summer meeting, Gales – Reino Unido (xullo 2003).
6. An Audit of recovery from minimal access cranial suspension face lift (MACS) compared with extended SMAS face lift, BAAPS British Association of Aesthetic Plastic Surgeons Meeting, Londres (setembro 2003).
7. XVIII Reunión da Sociedade Galega de Cirurxía Plástica, Reparadora e Estética, A Coruña (novembro 2003).
8. XVIII Reunión de la Sociedade Galega de Cirurxía Plástica, Reparadora e Estética, A Coruña (novembro 2003).