Jairo Iglesias


Categoría: Director de cine
Data de Nacemento: En 1986
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
 Currículum

O seu interese polo cine nace ó ver Tesis de Alejandro Amenábar, realizador ó que considera como referente dende aquel momento.
En 2004 entra na escola de Imaxe e Son da Coruña onde durante dous anos fai o Ciclo Superior de Imaxe. Na actualidade cursa estudos de Realización de Audiovisuais e espectáculos na mesma escola.
Ademais de guionizar e dirixir principalmente curtametraxes, fixo de operador de cámara noutras curtas, reportaxes e publicidade. Foi montador en diversos proxectos.
Creou en outubro de 2005 unha produtora xunto a Sara Horta, Producciones "Retrato", para así poder traballar como grupo e levar a cabo proxectos dunha forma máis profesional.
Con "Cicatrices" a súa segunda curta conseguiu o premio Mestre Mateo á Mellor Curta de Ficción da Academia Galega do Audiovisual, converténdose no director máis novo en acadar este galardón.

 Obras realizadas

CURTAMETRAXES
Jairo Iglesias debutou como director e guionista en xullo de 2005 con RETRATO, unha curta que fala sobre o amor e as oportunidades perdidas. Un reparto de luxo composto por Tamar Novas (Goya Revelación aquel ano por “Mar Adentro”), Sara Casasnovas, César Goldi, Estíbaliz Veiga e Sergio Suárez.
En febreiro de 2006, co mesmo equipo pero xa con produtora propia e o apoio de Mr. Misto Films, rodan a segunda curta: “Cicatrices”. Unha curta de temática social de novo cun reparto de luxo: Isabel Blanco, Estibaliz Veiga e Xavier Deive. Esta curta percorreu festivais nacionais e en maio de 2007 acadou o premio máis importante a nivel galego, o Mestre Galego á Mellor Curta de ficción 2006, o que se considera o Goya galego.
Na actualidade acaba de presentar o seu terceiro traballo, “Rosa dos Ventos”, unha curta sobre as viúvas do mar e sobre Galicia. Rodada en Malpica co mesmo equipo e con apoio similar ás anteriores, comezará a principios de xuño a súa andaina en festivais, mostras...a parte de facer outras estreas na Comunidade. Belen Constenla, Miguel Borines, María Castro e Fernando Morán interpretan esta curta con mi boa acollida nas estreas.

CITAS DE PRENSA
‘Lonxe das poses, dos ‘sectores estratéxicos’, do moito ruído e poucas noces, do moito técnico e pouco autor de talento, do ‘fenómeno’, Jairo Iglesias é hoxe unha verdadeira garantía de futuro para o noso audiovisual’ Galicia Hoxe, Yolanda Castaño.
‘Jairo iglesias es el director más joven nominado a los Premios Mestre Mateo, por un corto que cuenta con un reparto de lujo y una estupenda banda sonora’ Diario de Pontevedra. Belén B.
‘É un dos curtametraxistas máis asentaados dentro do panorama galego, un dos de maior talento, un dos máis mediáticos e, aínda por riba, o director máis novo.
Rebobinemos! Se falar de Iglesias é falar de Amenábar, falar de Amenábar é falar de Spielberg (isto último é vox populi). Polo tanto Jairo Iglesias está chamado a ser o “Spielberg galego”.
(...)
Entre todas as secuencias destaca a do porto na que Jairo iglesias filmou, sen tremerlle a man, un dos primeiros planos máis fermosos da historia do audiovisual galego’. Axencia Audiovisual Galega. María Gondar.
‘Un corto tiene todos los peligros de un largometraje, y la dificultad de tener que condensar una historia en pocos minutos. Iglesias ha construído unha historia de amor y de sentimientos. Un corto muy laborioso que augura grandes coas’ Diario de Pontevedra, Cristina Michelena.
‘Jairo Iglesias, a promesa do cine galego’ Galicia Hoxe, maré.
‘Puede que el guión de Cicatrices suene, pero el final y el tratamiento de la cinta sorprende al público’ El ideal gallego, Elena P.
‘Con solo 20 años, Jairo Iglesias va a estrenar su segundo cortometraje’ El Correo Gallego.

OUTROS TRABALLOS:
Publicidade
2006. DOBLECLIC.INFO. Vídeo de presentación. Dirección e post.
2006. CASASDEREBAJAS.COM. Dirección e post. 5 spots para TV.
2006. Pistas de tenis Marineda. Dirección e fotografía. Spot para TV.

Videoclips
2006. “Néboa” de Shroud of tears.
2007. “As cores do solpor” de Loretta Martin.

Multicámara. Dirección, operador de cámara e pos produción
2003. ICEWIND en Casa do patín (Santiago de Compostela). 3 cámaras.
2005. Ruxe-Ruxe na Sala Nasa (Santiago de Compostela). 4 cámaras.
2006. ICEWIND na Sala Capitol (Santiago de Compostela). 5 cámaras + 1 cámara entrevistas.

 Outros datos de interese

PREMIOS:
2007. CICATRICES. Mestre Mateo 2006 á Mellor Curta de Ficción. Academia Galega do Audiovisual.
2006.CLAUSTROFILIA. Premio AVID ‘non te curtes’. Curtocircuíto 2006.
2006. LLÁMAME. Premio Acción Concello de Boiro.