Profesor de Relixión no IES Perdouro de Burela, é Presidente da A.C. ‘Os Matos’ da mesma localidade. Na Parroquia de Santiago de Foz é catequista e Secretario do Consello Parroquial.
En calidade de investigador sobre o patrimonio cultural, especialmente o da Mariña e a provincia de Lugo, impartiu varias conferencias de temática variada: “Historia da educación en Foz”, “Escola de Fondós-Gardería Infantil: 250 anos de historia”, “A vida focense e a súa relación co Asilo de Anciáns”, “Foz na obra de Noriega e Cunqueiro”, “O patrimonio cultural e relixioso na provincia de Lugo”, “O patrimonio cultural e relixioso da Mariña”, “Illas e illotes da Mariña de Lugo”, “Semana Santa”, “Camiño de Santiago”, “Israel:a terra de Xesús hoxe”, “Roma: Cidade de Encontro”, “Ano 200 -Ano Xubilar”, “O cristián, peregrino no novo milenio”, “A Eucaristía: O Pan da Vida”. Tamén actuou como pregoeiro da Semana Santa en San Martiño de Mondoñedo e na Festa do San Campio en Fazouro.
Ademais de ser colaborador en varias publicacións e medios informativos, realizou proxeccións audiovisuais (“75º Aniversario da Confraría de Pescadores de Foz”) e varias exposicións de fotografía: “Foz: as nosas festas”, “Xentes do mar de Foz”, “A muller de Foz no século XX” (as tres de recuperación da memoria fotográfica) e “A Festa do Bispo Santo” e “Alfombras florais das festas do Carme de Foz”.
O Concello de Foz outorgoulle o Premio Manuel María ao labor cultural.
Publicou os seguintes libros: 'Asilo Nosa Señora do Carme. A súa historia' (1997), 'IES Perdouro, 20 anos de vida' (2000) (Coautor do libro) e 'Arredor da Virxe do Carme' (2004).
É coordinador da revisa "Maruxía" e de diversos traballos de investigación publicados pola A.C. 'Os Matos' como: 'Refráns mariñeiros', 'Medallistas olímpicos galegos do século XX', 'O románico no Norte de Lugo', 'O gótico no Norte de Lugo', 'Faros e balizas da costa luguesa' e 'Illas e illotes da costa luguesa'.