Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense e Máster en Dirección de Empresas Turísticas pola USC. Foi responsable do gabinete de comunicación de Turismo da Xunta entre 1996 e 2007 e xefe dos informativos de Onda Cero Galicia.
Ten publicado traballos en ‘Tiempo’, ‘El País’ (como correspondente en Galicia), ‘Faro de Vigo’ e ‘El Correo Gallego’.
É membro fundador da Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo (Agaxet) e da Cámara de Periodistas y Comunicadores de Turismo de España.