Eduardo Pardo de Guevara y Valdés é doutor en Historial Medieval pola Universidade Complutense de Madrid (UCM, 1984). Exerceu a docencia universitaria na cátedra de Paleografía e Diplomática da UCM.
En 1988 ingresou por oposición no Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), exercendo como científico titular na Institución "Milá e Fontanals" de Barcelona e, máis tarde, no Instituto de Historia (Madrid). En 1994 incorporouse ao Instituto de Estudos Galegos Pardre Sarmiento (Santiago de Compostela), ascendendo sucesivamente a investigador científico (2002) e a profesor de investigación (2008).
Desde 1994 é director deste último centro, onde coordina o grupo de investigación Historia y Patrimonio /GHyP), recoñecido en 2002 como grupo de excelencia pola Xunta de Galicia.
Desde febreiro de 2012 a marzo de 2019 foi coordinador institucional do CSIC en Galicia.
Actualmente é Director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.
Eduardo Pardo de Guevara y Valdés ha sido investigador principal de cerca de una veintena de proyectos competitivos y de contratos de investigación. En la actualidad dirige "Linaje, parentela y poder: la pirámide nobiliaria gallega al fin de la Edad Media" (Ministerio de Economía y Competitividad) y "Mujeres con poder al final de la Edad Media. El testamento, la muerte y la memoria" (Xunta de Galicia), así como el "Corpues de epigrafía, heráldica y escultura funeraria medieval gallega" (IEGPS-XUGA) y el "Diccionario biográfico de la Galicia de los Trastámara" (Fundación Barrié). É, ademais, o coordinador do grupo español asociado ao proxecto europeo "CUIUS REGIO. An analysis of the cohesive and disruptive forces destining the attachment of groups of persons to and the cohesion within regions as a historical phenomenon" (European Science Foundation). É autor de case dous centos de artigos e de máis dunha ducia de libros. Entre as súas obras máis coñecidas destaca o Manual de heráldica española (1987, Aldaba Ediciones, e 2000, Edimat) e, en relación con Galicia, Don Pedro Fernández de Castro, VII conde de Lemos (1996, Xunta de Galicia), Palos, fajas y jaqueles. La fusión de armerías en Galicia durante los siglos XIII al XVI (1997, Diputación Provincial de Lugo), Los señores de Galicia (2000, Fundación Barrié), o Don Pedro Álvarez Osorio. Un noble berciano del siglo XV (2008, Fundación Pedro Álvarez Osorio). O seu último libro é De linajes, parentelas y grupos de poder. Aportaciones a la historia social de la nobleza bajomedieval gallega (2012, Fundación Cultural de la Nobleza Española). As investigacións de Eduardo Pardo céntranse no ámbito da Historia da Idade Media, particularmente entre os séculos XIII e XV, prestando unha atención específica á historia social do poder (historia política e social dos grupos de poder en Galiciaf). Cultiva, así mesmo, os estudos de Xeneaoloxía e Heráldica medievais.
Director da revista Cuadernos de Estudos Gallegos e das súas dúas series bibliográficas "Anejos" e "Monografías", así como da colección "Galicia Histórica" da Fundación Barrié. Vicepresidente do Comité Español de Ciencias Históricas e da Confederación Iberoamericana de Genealogía y Heráldica. É membro do Consello da Cultura Galega e de diversas comisións asesoras da administración autonómica galega, como a "comisión de Heráldica de la Xunta de Galicia", da que é vicepresidente e asesor. Premios e recoñecementos Académico de número, entre outras, da REal Academia Matritense de Heráldica y Geneaología, da Academie Internationale de Généalogie e da Academie Internationale d'Héraldique. É membro de honra ou correspondente en España de máis dunha vintena de institutos e corporacións académicas europeas e americanas. Máster de Ouro do Forum de Alta Dirección (1997). Premio internacional "Dalmiro de la Válgoma" (1997). Gran Oficial da Orde ao Mérito Melitense (2000). Comendador da Real Orde de Isabel la Católica (2004). "Galego do Ano" do Grupo Correo Gallego (xullo de 2012).