É Diplomado en Enfermería pola USC, Técnico Superior en Acupuntura pola Escola Politécnica Superior de Barcelona, Licenciado en Humanidades pola USC , Diploma de Estudios Avanzados en Humanidades polo Departamento de Historia Medieval e Moderna da Universidade de Santiago de Compostela en Antropoloxía Social , Doutor pola USC coa tese: Os coidados culturais da enfermaría: unha alternativa á xestión tradicional da profesión, Máster en medios teatrais e cinematográficos pola Universidade da Coruña, Máster Universitario en Formación Do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, Experto en Acupuntura Bioenerxética e Moxibustión, polo Departamento de Fisioloxía da USC, en Santiago de Compostela , Monitor de actividades de tempo libre pola Consellería de Familia e Promoción de Emprego, Monitor de Educación Sexual pola Escuela de Ciencias de la Salud adscrita á Universidade Complutense de Madrid, Curso de profesores de danza galega pola Concellería de Cultura do Concello de Lugo, Experto en Indicación, uso y autorización de medicamentos y productos sanitarios en cuidados generales de enfermería y en T.I.C. pola Escuela de Ciencias de la Salud...
Mais dun cento de cursos postgrao entre os que destacan: 1º Congreso de folclore das Comunidades Autónomas, 1º Congreso de folclore galego, 1ª, 2ª,3ª Xornadas de Etnoloxía e Etnografía de Asturias da Universidade de Oviedo, Cursos de arquivos audiovisuais da Escola de Biblioteconomía da Universidade de Salamanca, Congreso Internacional da Cultura Galega, Simposio sobre Antropoloxía Cultural "Nos lindeiros da galeguidade", Simposio Internacional de Antropoloxía "Rito e Misterio", II xornadas internacionais de Didáctica do cine e do teatro, Curso de Expresión teatral “contacontos” co profesor José Campanary…
Exerce como enfermeiro dende o ano 1981.
Ven traballando como folclorista (profesor de baile tradicional, investigador, coreógrafo) e dinamizador cultural desde 1975. Foi fundador de máis de media ducia de colectivos culturais en Lugo, presentador de Televisión de Lugo, colaborador de Radio Voz, colaborador de La Voz de Galicia, director de cursos e congresos de cultura tradicional, colaborador con ducias de asociacións, concellos e organismos en temas culturais e colaborador da Consellería de Educación e Orientación Universitaria. Participou en mais dun cento de eventos sanitarios e outros tantos culturais. Codirixiu varias publicacións sobre o traxe tradicional e o baile en Galicia como "Arredor da vida", "Método de baile galego", "O traxe na Terra Cha" e "A cultura tradicional" publicados no semanal de La Voz de Galicia. Actualmente realiza traballos etnográficos de campo xunto coa docencia da cultura tradicional e da enfermaría. Formou parte do Consello de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. Formou parte da Permanente do Consello de Cultura do Concello de Lugo. Membro fundador do Colectivo Cultural María Castaña de Lugo. Membro fundador da Academia de Enfermería de Galicia.
Distincións entre as que se poden salientar as seguintes:
Distinción Especial polas diversas apartacións á Acupuntura e Técnicas Auxiliares, da Federación Española de Profesionales en Acupuntura, Cofrade da Orde da Queimada do Circulo Social Valle Miñor de Buenos Aires, Cabaleiro da Orde do Mago Merlín pola Asociación Leiras Pulpeiro de Mondoñedo, Torques de prata da Asociación Artesáns dos Camiños de Tui, Premio Moncho Valcarce pola Promoción da Terra, Pregoeiro do Antroido lucense nas festas organizadas polo Concello de Lugo o 20 de febreiro do 2004, Membro do Comité Científico nas Xornadas Internacionais de Enfermaría da Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo dende o ano 2007, Colaboración co espazo “Vai de baile” do programa Luar da TVG, Milagrosista do ano 2009 pola Asociación de Veciños, Comerciantes, e Industriais da Milagrosa…
Hoxe en día:
- Exerce como enfermeiro docente do Sergas na Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo, Centro Adscrito a Universidade de Santiago de Compostela.
- Preside e dirixe a Asociación Cultural María Castaña de Lugo.
- Preside a Academia de Enfermería de Galicia.
- Imparte docencia na Escola Universitaria de Enfermería. de Lugo, como profesor titular, nas materias de: Antropoloxía da Saúde e Fundamentos de Enfermaría. Historia da profesión e Metodoloxía. Dirixe traballos de Fin de Grao con varias liñas de investigación abertas entre as que destacan: visibilidade e imaxe da enfermaría; os Modelos culturais na praxe enfermeira; importancia do xénero, a xerarquía e a autonomía na profesión enfermeira; relación histórica da profesión dos coidados con outras esferas, militar, relixiosa, política, económica, cultural.
- Colabora con diversas institucións, colectivos culturais e medios de comunicación.