José Vázquez Portomeñe


Data de Nacemento: 29 de mayo de 1948
Lugar de Nacemento: Taboada (Lugo)
 Currículum

Funcionario de carreira, pertencente ó Grupo A, Subgrupo A1, é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e ten un master en Recursos Humanos por ICADE. Ingresou na Administración en 1975 e o 26 de decembro de 2002 recoñecéuselle o grao persoal correspondente ó nivel 30 para o ámbito da Xunta de Galicia. O 3 de marzo de 2005 díctase resolución polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais mediante a que se lle convalida o grao persoal 28 no ámbito da Administración Xeral do Estado. O 20 de marzo de 2009, toma posesión, en ocupación provisional, no posto de Subdelegado do Goberno en Lugo.
Desempeñou diversas e variadas funcións na Administración Pública, entre as que fai mención específica das seguintes: Director Provincial en Lugo do Instituto de Mediación, Arbitraxe e Conciliación, organismo autónomo dependente do Ministerio de Traballo, Xefe de Sección na Consellería de Turismo, Xuventude e Deportes de Lugo (Xunta de Galicia), Secretario Provincial da Consellería de Traballo en Lugo, Vicexerente da Universidade de Santiago para o Campus de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela), función que comporta a xerencia do Campus de Lugo, no plano administrativo, económico, xestión do persoal e académico, Director Xeral de Relacións Laborais na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (Xunta de Galicia), Xerente da Universidade de Santiago de Compostela, Director Xeral de Relacións Laborais na Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais (Xunta de Galicia), Xefe de Servizo no posto N26 (RSE-A-A) – 04879127 - Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais – Instituto Nacional da Seguridade Social – Dirección Provincial de Lugo, Secretario Xeral da Consellería de Traballo (Xunta de Galicia), desde o 11 de agosto de 2005, Subdelegado do Goberno en Lugo, en nomeamento provisional, cometido que desempeña na actualidade.

 

 

 Obras realizadas

Exerceu (ata o nomeamento para os dous últimos cargos, en cuxa situación estima que resulta incompatible) como árbitro e mediador, designado por unanimidade dos nterlocutores sociais e económicos, en múltiples conflitos colectivos, nas catro provincias galegas, ó longo duns quince anos.
Igualmente, por designación unánime das centrais sindicais CC.OO, UGT e CIG, exerceu como árbitro nas sucesivas eleccións sindicais.
Vinculado á actividade profesional e institucional, desempeñou os seguintes cargos: Vicepresidente do Consello Galego de Cooperativas, secretario da Fundación Rof – Codina (Entidade institucional xestora do Hospital Clínico Veterinario de Lugo), vogal da Comisión Nacional de Seguridade e Hixiene, vogal da Fundación Estatal de Prevención de Riscos Laborais (Representante da Xunta de Galicia), Presidente da Fundación Galega de Prevención de Riscos Laborais (Constituída por acordo das centrais sindicais CC.OO, UGT e CIG; a Confederación de Empresarios de Galicia e a Xunta de Galicia), Vogal do Consello Galego de Medio Ambiente, Vogal da Comisión Galega de Cooperación Local, Integrante da Comisión de Secretarios da Xunta de Galicia e membro do Consello Social, Xunta de Goberno e Claustro da Universidade de Santiago de Compostela.

 

 

 Outros datos de interese

Diploma de Directivo da Xunta Galicia.
Xornadas de Xerencia Universitaria.
Educación Ecolóxica. Dereito administrativo de medio ambiente (Imparte este curso actuando como relator).
Dirección Estratéxica das Universidades (Universidad Politécnica de Cataluña).
Servizos Sociais (Organizador do Congreso).
Negociación Colectiva e Reforma Laboral.
Xestión Académica.
Contratación Administrativa.
A cooperación empresarial. Exemplos de desenvolvemento.
Seminario para Equipos de Alto Rendemento (Universidade de Santiago de Compostela).
Calidade de servizo.
Condicións de traballo e saúde.
A Función Directiva (Universidade Autónoma de Barcelona).
Administración e Xestión das Universidades.
Procedemento Administrativo (Relator do curso).
Relacións Laborais (Relator do curso).
Economía social no sector agrario (Director do curso).
Administración e xestión de universidades (Coordinador do simposium).
Administración de persoal funcionario.
Perspectivas do mercado de traballo.
Ten algunhas publicacións, das que destaca “La Negociación como Salida a la Conflictividad Laboral”, Revista Galega de Dereito Social (1995).