Iñaki Martínez Antelo


Data de Nacemento: En 1969
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É licenciado en Historia da Arte Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela e realizou un Máster en Estética e Teoría da Arte polo Instituto de Estética adscrito á Universidade Autónoma de Madrid. Tralo seu paso polo Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela (1996-1998), foi coordinador de exposicións no Auditorio de Galicia (1998-2002) e coordinador de actividades culturais en Casa Asia, Barcelona (2002-2003). Desde o ano 2003, pouco despois da súa inauguración, viña desempeñando o cargo de responsable de exposicións do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo. O 17 de novembro de 2005 foi nomeado director do MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo). A resolución foi adoptada durante a XIII reunión do Padroado da Fundación MARCO.

 Obras realizadas

A súa experiencia profesional inclúe labores de comisariado, coordinación de exposicións e outras actividades culturais, edición de publicacións, e participación en diversos proxectos e iniciativas relacionados coa arte e cultura contemporánea, tanto no ámbito nacional como internacional.