Ignacio Pardo


Categoría: Videoartista
Data de Nacemento: 1947
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Videoartista dedicado ademáis a outros sectores do audiovisual como a dirección artística.

Comezou na videocreación en 1985 con Videoviolín. Participou no Certame de Cádiz (1987) Certame Nacional de Vídeo de Vitoria (1986) e estivo presente en ARCO (1988 e 1989),"Panorama Europeo de Videoarte" no Centro Cultural Conde Duque realizado en Madrid en 1992, "La Imagen Sublime. Vídeo de creación en España 1970-1985", "Bienal de la Imagen en Movimiento. Visionarios Españoles"(1992), "Todo fluye: infografía española" (1996), "Señales de Vídeo. Aspectos de la videcreación española de los últimos años " (1996) organizadas polo Centro de Arte Reina Sofía, “Nuevos caminos. Amenazas y promesas del arte electrónico" Consellería de Cultura (1999), ademais de na Documenta de Kassel e outras mostras internacionais como Hannover, Arnheim, Utrecht, Rennes, Cannes, Ljubljana, Nápoles,Sydney, Graz, Berlín, Innsbruck, São Paulo, Helsinki, Lynz, Moscova, etc... En maio e xuño de 2007 expón " Senescencia" no soto do Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela.

 Obras realizadas

Obras de Videocreación:

Videoviolin (1985)

Parpadeo (1986)

Triángulo (1988)

Tránsito (1988)

Antípoda (1988)

Ninfografía (1992)

Carne viva (1993)

Ojo de pez (1994)

Ventanas de noche (1995)

La tentación del caracol vive arriba (1996)

Paseantes (2003)

Moscas (2004)

Vientre, Mosca, Agua, Bosque, Senescencia, Abrazo, Latido e Fuego (2007)

 

Dirección Artística:

Contrabajo (1997)

Blanca Madison (2000)

Toda clase de peles (2001)

Himno Galego (2001)

 

Exposición Retrospectiva no CGAC: Ignacio Pardo presentou no CGAC (Santiago de Compostela), durante os meses de maio e xuño de 2007, unha magnífica exposición co título de Senescencia, composta case na súa integridade por instalacións creadas para a ocasión. Pezas á súa vez concibidas como unha unidade: como unha vanitas electrónica composta de breves bucles de imaxes elaboradas dixitalmente e organizadas en diversos formatos polípticos. Proxeccións múltiples e mosaicos de pantallas que non só se estenden polas paredes senón tamén no chan -un figurado estanque de corpos espidos alagados entre ondulaciones e chapoteos dixitais- e no envolvente calidoscopio dun bosque púbico que, a través dun sinxelo e logrado efecto de morphing e pola multiplicación da mesma imaxe con proxeccións e espellos, simboliza a saída do ventre materno ao mundo exterior (ou, tamén, a expulsión do paraíso). Entre estas alegorías despréganse outras imaxes -sempre potentes e entre o belo e o sinistro- de corpos ardentes, corazóns chameantes, moscas ou vermes á espreita dos corpos, as súas partes pudendas, as súas entrañas, e sobrevoando o órgano ocular e outros orificios. Imaxes coas que Pardo regresa sobre moitos dos temas e as analoxías, os dualismos e arquetipos que conduciron a súa entrega aos medios electrónicos durante máis de vinte anos: a vida e a morte, a mocidade e a vellez, o masculino e o feminino, a auga da orixe e a putrefacción inexorable.