Iago Eireos Franco


Categoría: Pintor e fotógrafo
Data de Nacemento: 1980
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura

Web
 Currículum

FORMACIÓN

Inicia os seus estudios artísticos en Lugo, na Escola de Artes Ramón Falcón (2000-2002), cursa o Ciclo Superior de Fotografía Artística obtendo o título de Técnico Fotográfico. 
Continua os seus estudos en Pontevedra e licénciase en Belas Artes pola Universidade de Vigo (2002-2008), recibe a beca Erasmus e cursa o terceiro ano na Universitatea de Arte George Enescu en Iasi (Rumania).
Actualmente cursa o Doutorado en Belas Artes na Universidade de Vigo.
Alterna os seus estudios artísticos con diversos cursos e becas, en 2004 realiza o Taller de Artista “Fotografía, Arquitectura e Cidade” á man de Gabriel Basilico no Centro Galego de Arte Contemporáneo en Santiago de Compostela. En 2005 realiza o “Obrador de Arte, Pablo Picasso” impartido por Agustín Ibarrola no Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, na Coruña. En 2006 participa no taller da artista Mónica Alonso “De principio a fin: Procesos de intervención espacial” no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo. Ese mesmo ano, imparte como mestre un curso, “A cámara dos nenos” no Museo de Lugo. Durante 2006 e 2007 reside en Córdoba como beneficiario da Beca Fundación Antonio Gala para Novos Creadores. En 2007 intervén no Taller Internacional de Arte Contemporáneo Open Art 07 no Museo de Historia de Zaragoza. En 2008 realiza o “Curso de técnicas primitivas fotográficas” no taller “Buenas Impresiones” en Marín.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
2008. "Epidermis", na Casa da Torre, Redondela (Pontevedra).
2005. "Umbra Alba", Galería Aparte. Iasi (Rumania).
2004. "Diálogos coa Materia Corporea", Museo de Lugo, Sala da Deputación Provincial de Lugo. Catálogo.

SELECCIÓN DE EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
2009. Novos Valores, Brión.
2008. “Proxecto Abertal”, Museo de Lugo.
2008. Concurso TotArt de Picanya, Valencia.
2007. OpenART´07, Museo de Historia de Zaragoza.
2007. Gala de clausura, Fundación Antonio Gala para Jóvenes Creadores. Córdoba.
2007. “Lugares de tránsito” con Uxia Piñeiro e Santi Vega. Xunta de Galicia, Lugo.
2007. “La Sociedad de la Farándula” Fundación Antonio Gala para Jóvenes Creadores. Córdoba.
2006. Outono Fotográfico, certame galego de creadores novos GZCrea, Casa da Xuventude, Ourense.
2006. “Sin Título” Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa. MACUF. A Coruña.
2006. "Ars Moenia" Museo de Lugo, Sala da Deputación Provincial, Lugo. 
2005. "Ars Moenia" Muzeul de Craiova, Rumanía.
2005. "Na Vangarda" Fundación Caixa Galicia, Santiago de Compostela. 
2005. "Metaficción" La Tienda de Clara, Pontevedra.
2004. "Ars Moenia" Muzeul National de Arta Cluj. Transilvania.
2004. "Na Vangarda" Fundación Caixa Galicia, Santiago de Compostela.
2003. Colectiva fin de ciclo. Escola de Arte Ramón Falcón, Lugo.
2001, 2002. "Ágora Foto" Sala Uxío Novo Neira, Lugo.
1999. Obra no Museo Esteban Rosa de Arte Xuvenil. Bergondo (A Coruña).
1996, 1997, 1998. Colectiva de pintura. Círculo das Artes. Lugo.

 Outros datos de interese

BECAS E PREMIOS
1997. 2º premio no “Certame Galego de Artes Plásticas 97”, Xunta de Galicia. 
2004 e 2005. Seleccionado en “Na Vangarda”. 
2006. 1º premio de fotografía no GZ Crea 06. 
2007. 1º premio no “XVIII Certamen de Arte José Domínguez Guizan”, Begonte (Lugo). 
Beca Iniciarte da Junta de Andalucía, co proxecto multidisciplinar “La Sociedad de la Farándula”. 
2007. Selecionado para a mostra colectiva de TotArt de Picanya 07. Intracity_08 art públic i mediació social co proxecto BlackBOX300, Valencia. 
2008. Premiado no I Concurso de Fotografía, FPJ.
2009. Beca Novos Valores 2009, premio de pintura José Fernández López, Deputación de Pontevedra. 
2009. Beca “Primeira Obra 2009” da Fundación Caixa Galicia, co proxecto “La Soledad de la Multitud”.