Gumersindo Meiriño Fernández


Categoría: Teólogo
Data de Nacemento: 14 de febreiro de 1966
Lugar de Nacemento: Oseira (Ourense)
 Currículum

Estudiou ética, filosofía e teoloxía.

En 1991 foi ordenado sacerdote e exerceu o seu ministerio en distintos países, España, Ecuador e Arxentina.

Obtivo o título de Doutor en Teoloxía na Universidade de Navarra con un traballo sobre a Paternidade Responsable.

Traballou tres anos na atención espiritual con enfermos na Clínica Universitaria de Navarra.

Exerceu como profesor catedrático, en universidades de distintos países e en colexios secundarios.

Actualmente está casado, é misioneiro, escritor, conferenciante e traballa como director do programa de radio “De Oriente a Occidente” que se emite a máis de corenta países.

Participa na obra Reiki Crístico como autor da teoría teolóxica dun Deus universal, personal e inmanente. Entrega unha síntese da espiritualidade, a mística e o racionalismo a favor da sanación da persoa no Amor.

A súa teoría teolóxica está presente na obra do método de meditación trascendental Camiño ó Sagrado. Argumentos que integran e dan forma á unidade existencial do ser humano, na súa relación con Deus, cos máis e cun mesmo.

Colabora en distintos medios de prensa escrita.

Sigue asistindo como catedrático a distintos congresos internacionais.

 Obras realizadas

É autor de libros de teoloxía e espiritualidade, entre os que destacan: “Dios y la Belleza”, “Leer el Evangelio con ojos nuevos”, “Conversaciones en el convento”, “De la angustia a la paz”, “De las tinieblas a la luz”, “Los sueños se hacen realidad”, “La ventana abierta”, “De empresario a Santo en colaboración con el Padre”, “Isorna, el de auto ayuda”, “Buenas Noticias del Padre Gumer” e “Reiki Crístico”, escrito en colaboración coa misioneira e Mestra Zen, María Benetti Meiriño.