É académico do Real Instituto Alfonso XIII, un humanista e estudoso do dereito civil. A súa principal aportación é a defensa do dereito de familia e de propiedade na sociedade española.
Dende os seus comezos no estudio do grao en Dereito pola Universidade da Coruña ten colaborado con multitude de entidades públicas e privadas na asesoría en temas contractuais e laborais.
En 2016 comeza no campo da investigación no Dereito de familia co profesor Domingo Bello, con publicacións como 'La protección del nasciturus en el proceso de divorcio'. Fruto do seu traballo no mesmo ano se lle conceden os galardóns da 'Estrella de Oro' do 'Instituto para la Excelencia Profesional y del Foro Europa'.
Ademáis da súa labor no campo académico, ten loitado pola defensa dos dereitos humanos e o recoñecemento de eles, ademáis de colaborar na integración social e a axuda dos máis desfavorecidos. Por esto en xullo de 2016 investírono como 'Excelentísimo Prior de la Soberana Orden Bizantina de Constantino el Grande'.
Dentro da Orde nobiliaria máis antiga de Europa continúa realizando labores pola mellora da sociedade.
Ademáis recibiu recoñecementos nobiliarios por outras sociedades nobiliarias como a 'Royal International Asociation' ou a sociedade de 'Lords in Ireland'.
Como recoñecemento á súa labor académica en outubro de 2016 investírono como 'Excelentísimo Consejero de Número del Real Instituto Alfonso XIII' baixo o patronato do Rei de España ademáis de adscrito do 'Consejo General de Reales Academias e Institutos de España'.
É membro de outras institucións premiais como a 'Hermandad de la Monarquía Española' –o que o fixo acreedor do título de Ilustrísimo-, da 'Orden Militar de Santiago', e incluso correspondente da Real Liga Naval, así como Presidente da prestixiosa Sociedade dos Cabaleiros de Elviña, entre outros.
Actualmente xunto coas súas labores de carácter académico desempeña funcións de ámbito diplomático, por esto se lle concederá en breve a Medalla ó Mérito da Asociación de Orfos da Garda Civil.