Comparte desde moi nova a paixón polas artes escénicas e a súa paixón pola pintura. Dedicouse plenamente ó ballet clásico e obtivo tres bolsas da Fundación March, chegando a bailar en escenarios famosos, entre os que destaca o Covent Garden de Londres.
Continuou coa súa paixón pola pintura debuxando bocexos sobre bailaríns, inspirándose nos ballets que interpretaba, idealizando e enchendo de fantasía os seus debuxos. Pasada esta época de dedicación á danza e máis tarde á docencia impartindo clases de ballet redescubre que hai unha nova motivación na súa vida: a pintura. Recobra aqueles debuxos, que gardaba como recordos dunha época e así empezan a tomar vida os óleos que hoxe contemplamos.