Salvador Domato Búa


Data de Nacemento: 18 de outubro de 1944
Lugar de Nacemento: Caldas de Reis (Pontevedra)
 Currículum

Licenciado en Teoloxía (Roma, 1966-68), foi ordeado sacerdote en Roma o 18 de marzo de 1967. Ademais, realizou estudos de Paleografía e Diplomática no Vaticano (1966-68) e é diplomado en Arquivística e Biblioteconomía (1966-68), en Dirección de Empresas e Informática (Santiago, Madrid: 1972, 1973) e Restauración de libros e documentos no ‘Instituto Vaticano per ill restauro dei libri’ (1967). Foi secretario particular do Arcebispado de Compostela (1972-74), creador e director do Arquivo Histórico Diocesano de Santiago (1969-96; 2005-), delegado episcopal para o Patrimonio Documental e Bibliográfico da Diocese de Santiago de Compostela (1975-1994), coordinador e director xeral das visitas do Santo Padre a Santiago (1982 e 1989), membro da Xunta Central do Primeiro Centenario da Fundación do Pontificio Colexio Español de Roma (1989-92), responsable de Relacións Institucionais do Arcebispo de Santiago (1989-94), nomeado protonotario apostólico super numerario pola S.S. Juan Pablo II o 5 de maio de 1999, secretario particular dos cardenais-arcebispos de Santiago de Compostela e Madrid (1989-2005), secretario particular do presidente da Conferencia Episcopal Española (1999-2005), coordinador xeral do II Encontro Mundial do Consello Ecuménico das Igrexas (Santiago, 1993), secretario de redacción da revista ‘Compostellanum’ do Centro de Estudos Xacobeos do C.S.I.C., Galicia (1974-79), membro por elección do comité executivo da Asociación de Arquiveiros da Igrexa en España (1975-81) e vicepresidente de ANABAD, Galicia.

 Obras realizadas

É autor de publicacións sobre temas de arquivos e patrimonio artístico en diversas revistas españolas e estranxeiras: ‘El A.H.D.S.: Sondeo Documental’ en USC Actas das I Xornadas de Metodoloxía Aplicada das Ciencias Históricas, Santiago de Compostela, 1975; vol. V, 101-108, ‘Guía-Inventario de Archivos Parroquiales en la Diócesis de Santiago de Compostela. Proyecto y primeros resultados’, en idem; vol. V, 109-132 e ‘A.H.D.S.: Inventario del Fondo General’, Servizo de Publicacións da Fundación Pedro Barrié de la Maza – Conde Fenosa, Santiago, 1977, 94 pp. e grabs.

 Outros datos de interese

Capelán maxistral da Orde de Malta (Madrid, 3 de xaneiro de 1997), recibiu a Encomenda da Orde de Isabel a Católica, concedida pola S.M. o Rei (Madrid, 13 de xullo de 2003) e participou, invitado pola UNESCO, en restauración de libros da Biblioteca Nacional de Florencia, destruídos pola inundación de 1967.

Foi coordenador das tres visitas papais a Santiago de Compostela.