Fray José Isorna Ferreirós


Data de Nacemento: En 1921 ( † 26 de abril de 2016)
Lugar de Nacemento: Cordeiro, Valga (Pontevedra)
 Currículum

Aos trece anos de idade entrou no Convento de Herbón, onde fixo os seus primeiros estudos, logo continuou a súa formación no Convento de San Francisco de Santiago de Compostela. Como sacerdote franciscano traballou ademais nos Conventos de San Francisco o Grande en Madrid, en Ourense e en Pontevedra.

Viaxou a Arxentina, Cuba, Venezuela, Estados Unidos, Terra Santa, Marrocos, México, onde visitou os restos de Sebastián de Aparicio que se gardan no Convento de San Francisco de Puebla de los Ángeles.

Foi sacerdote franciscano durante máis de sesenta anos. Foi Profesor de Humanidades no Seminario de Herbón (Padrón), Profesor de Elocuencia Sagrada no teologado Franciscano de Santiago, Director da revista “El Eco Franciscano”, e colaborador habitual da prensa, radio e Televisión. Foi membro da Real Academia Galega da Lingua. Foi tamén Delegado Diocesano de Medios de Comunicación Social.

Volcado no apoio espiritual e social, desde a humildade e austeridade franciscanas, tiña no seu haber numerosas publicacións, na súa mayoría de espiritualidade ou relativas a Galicia e á espiritualidade, entre as que podemos destacar as seguintes: Velando a un enfermo, Así fue esta mujer: Clara de Asís, Itinerario del alma a Santiago: guía del peregrino, Desde mi convento flotante, Glosas Evangélicas que se publicaban el diario de El Correo Gallego.

Co doutor en teología Gumersindo Meiriño publicou o libro De empresario a Santo, sobre a vida de San Sebastián de Aparicio.

En galego, publicou “Galicia: ¡Podes!, Galicia: ¡Poderás!”. Traballou en Radio Televisión de Galicia durante máis de vinte anos.

Ademais dictou conferencias sobre Martínez Risco, Otero Pedrayo, Camilo José Cela, Félix Rodríguez de la Fuente e sobre o seu paisano Ferro Couselo, entre outros.

Recibiu numerosos trofeos e distincións que xalonan a súa fecunda vida xornalística, cultural e espiritual. Entre eles o Premio Bravo e o Premio Diego Bernal

www.editorialdeorienteaoccidente.com