Francisco Sineiro García


Categoría: Profesor e político
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

É licenciado e doutor en Enxeñería Agrónoma. Continúa o seu labor universitario desde a investigación e na actualidade tamén exerce a docencia. Coñecedor da política autonómica e con experiencia no Parlamento de Galicia, é deputado no Parlamento de Galicia polo PsdeG. Francisco Sineiro tamén ocupou responsabilidades no goberno tripartito presidido polo socialista Fernando González Laxe e, entre outros cargos públicos, desempeñou tarefas como a dirección territorial do Ministerio de Agricultura.