Francisco R. García Fernández


Categoría: Cardiólogo
Data de Nacemento: 3 de febreiro de 1952
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

HISTORIA ACADÉMICA
Estudios Primarios no Colexio de San Paio de Antealtares (MM.BB) (1955-1959).
Bacharel Elemental e Superior no Colexio La Salle (HH.EE.CC.) de Santiago (1960-1968).
Preuniversitario no Colexio La Salle de Santiago de Compostela (1969).
Carreira de Medicina na Facultade da Universidade de Santiago (1969-1975).
Alumno Interno no Hospital “Gil Casares” de Santiago (1972-73-74 e 75), colaborando en Clínica Neumolóxica, Cardioloxía e Cirurxía Torácica (Tutor: Dr D. Manuel López Sendón).
Licenciado na Universidade de Santiago coa cualificación de notable (1975).
Médico asistente voluntario no Servizo de Coronariopatías do Departamento de Medicina Interna do Hospital La Paz entre xaneiro e xuño de 1976.
Médico interno, por oposición, na Cidade Universitaria La Paz (1976).
Médico residente de Cardioloxía, por oposición, na Cidade Sanitaria La Paz de Madrid (1977-78 e 79).
Rotacións polos Servizos de Cardioloxía de Adultos (1977) (Clínica, fonomecanocardiografía, ecocardiografía), Cardioloxía Infantil (Clínica, ecocardiografía en modo M e 2-D, Doppler e Doppler Color, Hemodinámica, UVI Neonatal), Cirurxía Cardiaca Infantil (1978), Unidade de Hemodinámica e Cirurxía Cardiaca Adultos (1979), Coronariopatías (1979), Unidade de Arritmias (1980).
Especialista en Cardioloxía en 1979.
Médico especialista de pulmón e corazón da Seguridade Social, por concurso-oposición en 1979, desempeñando a praza desde xaneiro de 1980 a xuño de 1981 no Ambulatorio da Seguridade Social “Vicente Soldevilla” de Madrid-Capital.
Médico adxunto do Servizo de Cardioloxía da Cidade Sanitaria “La Paz” de Madrid, por concurso-oposición, desde xuño de 1981 ata a excedencia voluntaria en decembro de 1991.
Traslado de expediente académico desde a Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela á Facultade de Medicina da Universidade Autónoma de Madrid en 1985.
Cursos monográficos de doutorado na Facultade de Medicina da Universidade Autónoma de Madrid (1986 e 1987): “Historia da Medicina”, “Bioestadística”, “Medicina Psicosomática” e “Oncoloxía clínica”.
Doutorado “Cum Laude” en Medicina e Cirurxía pola Universidade Autónoma de Madrid en 1990 coa tese doutoral “Las Alteraciones Cardiacas en la Espondilitis Anquilosante. Identificación y Estratificación de los Factores de Riesgo”. Director da tese: Profesor Dr. Don Luis Martín Jadraque Profesor, titular de Medicina da U.A.M e xefe do Servizo de Coronariopatías do Hospital La Paz de Madrid.
Cese por alta voluntaria no INSALUD en novembro de 1991. Desde entón dedicado ó exercicio privado da Medicina.
Xefe da Unidade de Cardioloxía do Hospital Privado “RUBER INTERNACIONAL” desde xuño de 1987 ata o 23 de febreiro de 1995.
Cardiólogo da Clínica GAMMA en 1995.
Consulta privada propia desde 1995 ata a actualidade na rúa Concha Espina de Madrid.
Asesor médico de Clubes de Fútbol de Primeira División de Madrid en diferentes etapas (1993 a 1997), (1991 a 1995) e (1995 a 2004).
Cardiólogo dos Servizos Médicos da Banca Oficial (BANCO de España, Bolsa, Banco Exterior de España, Banco Hipotecario, ICO) de 1995 a 2005.
Membro dos Cadros de Servizos Médicos de varias entidades de Seguro Libre (MAPFRE, ADESLAS, SANITAS, CIGNA, AXA WINTERTHUR, ARESA, Canal de Isabel II, Mutualidade de Aduanas) desde 1990 ata a actualidade.
Membro dos Servizos Médicos do Ilustre Colexio de Avogados de Madrid, do Colexio de Procuradores e do de Enxeñeiros Industriais desde 1990 ata a actualidade.
Fundador e xerente de CARDIOGAR SL, empresa de Servizos Médicos.

 Obras realizadas

ACTIVIDADE CIENTÍFICO-ADMINISTRATIVA
Membro do Comité Editorial das Revistas “Cardiología 90” e “Monocardio” (supervisando os traballos de Cardioloxía Clínica e Cardiopatía isquémica).
Membro da Sociedade Española de Cardioloxía desde xaneiro de 1980.
Membro de varias seccións da Sociedade Española de Cardioloxía: “Cardiopatía Isquémica”, “Rexistros Gráficos”, “Deporte e Cardiopatías”, “Electrofisioloxía e Arritmias”, “Cardiopatía Preventiva” e “Cardioloxía Clínica”).
Membro do Grupo de Traballo de “Hipertensión” da Sociedade Española de Cardioloxía.
Membro da Sociedade Castelá de Cardioloxía desde 1980.
Secretario da Sociedade Castelá de Cardioloxía de 1986 a 1990.
Membro da xunta directiva e xunta de goberno da Academia Médico-Cirúrxica Española desde 2003.
Académico correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia por acordo adoptado o 18 de decembro de 2007.

ACTIVIDADE CIENTÍFICA
Publicou como autor ou coautor traballos en revistas españolas e estranxeiras e presentou como autor ou coautor traballos en congresos nacionais e internacionais cunha intensa actividade docente no Hospital La Paz, tutorizando dez promocións de MIR de primeiro ano de Cardioloxía e as rotacións de seis meses por Cardioloxía de 110 residentes de diversas especialidades.
Os traballos de índole estritamente académica declinaron en 1991 trala presentación da tese doutoral na UAM e o cese voluntario no Insalud pola dedicación exclusiva ó exercicio privado da Medicina. Desde entón incrementáronse as publicacións de índole divulgativa e humanística.
Presentou ou colaborou en traballos científicos publicados en Revistas Españolas (119) e Estranxeiras (21), en relatorios de congresos nacionais (121) e internacionais (15) e participou en libros da especialidade (9).

ACTIVIDADES HUMANÍSTICAS
Membro da Sociedade Española de Médicos Escritores desde 1995.
Colaborador asiduo de “El Correo Gallego”.
2º Premio “Máximo Sar” de Xornalismo en 2003 (Concello de Caldas de Reis) polo artigo “Los Cincuenta Veranos de Don Gerundio y Doña Berenguela” publicado en El Correo Gallego e que trata sobre árbores bautizadas, en concreto, dúas palmeras.
Finalista do Premio “Reflexiones” de Revista Médica en 2001 cos artigos “Déle al eledelee” e “Una arteria de A Coruña late en Detroit” publicados en El Correo Gallego.
Finalista do Premio “Reflexiones” de Revista Médica-Sanitaria 2005 polo artigo “La guerra de Irak en el ágora de ASOMEGA” publicado en El Correo Gallego.
Competidor ousado do IV Premio “González Ruano” de Xornalismo polo artigo “El encanto (y algo más) perdido de la visita médica” publicado en “El Correo Gallego”
Autor de varias conferencias sobre temas de Cardioloxía e de Humanidades en La Casa de Galicia en Madrid
Autor dun capítulo do libro “Cincuentenario del Colegio La Salle”, onde recrea as súas vivencias xuvenís.
Membro da Enxebre Orden da Vieira.
Madrigalego de Ouro no exercicio da Medicina en 2003.
Cofrade Maior da Confraría do Capón de Vilalba en 2007.
Vogal da Asociación de Médicos Galegos (ASOMEGA) desde 1997 a 2002.
Secretario Xeral de ASOMEGA desde 2002 ata 2008.
Presidente de ASOMEGA desde o 6 de marzo (Festa de Santa Rosa de Viterbo, que predicou contra o rei Federico II) de 2008. Ese día tamén se festexa a San Olegario.
Membro da Asociación de AA.AA da Universidade de Santiago desde a súa fundación.
Cofrade da Ilustre Confraría de “Nuestra Señora del Rosario” de Santiago desde 1994.
Cabaleiro de Mérito da Orde Militar Ecuestre Constantiniana de San Jorge desde 1996.

 Outros datos de interese

ALGÚNS TRABALLOS DE MEDICINA E HUMANIDADES
“¡Ojo con el corazón!”, no diario AS de Madrid (1993).
“Aguas de Reyes en Caldas” (ó Profesor Fernández Mariño), publicado en El Faro de Vigo.
“Novoa Santos a la Academia”, en La Voz de Galicia en 2008 e no suplemento dominical de “El Correo Gallego” na sección ASOMEGA.
“El Profesor Domínguez y el Premio “Novoa Santos”.
“El encanto (y algo más) perdido de la visita médica”.
“El Profesor Fernández Mariño: Una Vida Dedicada A La Medicina”.
“Noticias sin ansiolíticos”.
“Por Tierra, Mar y Aire”.
“Los eternos enemigos del corazón”.
“Añoranza del Barco “K”.
“Los Tsunamis, el Cambio Climático y la Medicina”.
“Caba la higiene mental de la gente corriente”.
“Cuando los remedios vienen más despacio que los males”.
“La obesidad y otros pecados capitales”.
“Don Condumio José”.
“El codiciado voto de tu vecino”.
“Tratamiento de las asteriscopatías”.
“Dele Al Eledeele”.
“Una arteria de A Coruña late en Detroit” (ó Profesor Berguer, V Premio “Nóvoa Santos”).
“Historia de un pandeiro. Érase en Caldas” (ó Profesor Potel, IX Premio “Nóvoa Santos”).
“La lluvia duele por barrios en Madrid”.
“Otra comedia de equivocaciones”.
“El 11-M de frente y de perfil”.
“Conciencias hipotecadas”.
“Dos Españas, dos Marías”.
“Orfidaleando”.
“Cenismos y nos”.
“Novoa Santos, Teijeiro, ello y aquello”.
“Isaac Díaz Pardo, ouro de Asomega”.
“Vanidades con talante de Suevia”.
“Himnos, naciones y su viceversa”.
“El conflicto de Irak. En El Agora de Asomega”.
“Los Príncipes de Asturias en Asomega”.
“El Sms en El Agora de Asomega”.
“Otero Novas, Darwin y las fatalidades”.
“El paciente respondón”.
“El estrés del palanquin”.
“Montagü, Viruela, Balmis. De Turquía A (¡La, La Lá!) Coruña”.
“Novoa Santos, Año Cero”.
“Noticias con ansiolíticos”.
“Koiné, el gallego como lengua”.
“El C.A.B. A La A.C.B. (Obredaorio, Forever)”.
“La sonrisa como terapia”.
“El “Nóvoa Santos” de Asomega, el éxtasis y otros tormentos”.
“Romería de peregrinos en Roma”.
“Política con Cardenillo”.
“Ensanchar y anchear”.
“Flor de pino, a estas alturas”.
“¿Pero por qué (todos) no os calláis?”.
“Romería de peregrinos en Roma”.
“La ayuda militar soviética a la República”.
“De cuando éramos inútiles”.
“Romance de lobos en El Callejón del Gato (A mi tío-primo Borobó)”.