Francisco Javier Casares Mouriño


Lugar de Nacemento: Xinzo de Limia (Ourense)
 Currículum

É licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e exerce como pediatra, sendo tamén o director médico do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense. Os seus cargos políticos tamén están vinculados á medicina, xa que foi concelleiro de Sanidade e Servicios Sociais en Ourense entre 1991 e 1995. Entre 1991 e 1996 foi portavoz do PsdeG na Deputación Provincial de Ourense. Accedeu ó Parlamento de Galicia na lexislatura 1997-2001 como deputado polo PsdeG.