Zoilo López Ron


Categoría: Médico
Data de Nacemento: 1 Outubro 1921
Lugar de Nacemento: Habana (Cuba)
 Currículum

Naceu en La Habana, onde traballaba o seu pai como Capitán da Mariña Mercante. Comezou os seus primeiros estudios no Colexio La Salle de La Habana e cando cursaba terceiro de Bacharelato, tivo que vir a España, por xubilación do seu pai e traslado da familia. Fixo o ingreso no Instituto de Ribadeo (Lugo) empezando despois en primeiro, porque non lle compensaron ningunha asignatura. Trasladouse ó Instituto de Lugo, onde alcanzou o grao de bacharel. En Febreiro de 1940 aprobou a reválida e como o seu desexo era estudar medicina e o curso non empezaba ata Outubro, aproveitou eses meses para obter o título de Mestre Nacional, que nunca exerceu. Cursou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, actuando como alumno asistente no Servizo de Xinecoloxía do Profesor Novo.

 Obras realizadas

Terminada a carreira decidiu preparar oposicións a tocólogos municipais e se trasladou a Madrid, ingresando como médico asistente na Maternidade Provincial, Servizo do Profesor Botella Llusia. Tivo que regresar a Lugo, ó ser nomeado Medico Axudante do equipo de Grandes Distocias do que era xefe o Dr. Dapena. Ante a inminente convocatoria das Oposicións, regresou a Madrid. Obtivo praza nas citadas oposicións e solicitou voluntariamente Vilalba (Lugo), onde estableceu a súa clínica, que atendeu ata a súa xubilación por razóns de idade. Tamén actuou en Vilalba como médico de zona da Seguridade Social e moitos anos como médico forense interino, cando quedaba sen cubrir a forensía.
Para cumprir o servizo militar obrigatorio fixo os cursos da Milicia Universitaria, obtendo en Grado de Alférez. Asistiu un curso máis, xa como Alférez Profeso. Ó terminar a carreira era obrigatorio facer seis meses de servizo no exército regular e foi nomeado Alférez médico de grupo de Sanidade da XII División, desprazado a Vich (Barcelona) por razóns loxísticas.
Para axuda a un irmán, estableceu en Vilalba una empresa de Artes Gráficas e Artigos Publicitarios que aínda controla nunha pequena parte e que impulsou o seu fillo.

 Outros datos de interese

A súa grande afección é escribir. Nesta faceta obtivo algún pequeno premio. Ten terminadas algunhas novelas e contos que só da a ler a familiares e amigos. Colabora nun periódico mensual da Terra Chá. Soe escribir en ton festivo. Publicou un libro titulado “Anécdotas y Relatos” onde describe numerosos casos, máis ou menos graciosos que lle ocorreron na súa vida profesional.