Estableceuse en Granada en 1632, onde escribiu as súas obras. A súa obra en prosa (Las grandezas y antigüedades del Reino de Galicia) perdeuse. A súa gran obra poética é Napolicea, un canto ás fazañas do Gran Capitán, Gonzalo Fernández de Córdoba, en Italia no reinado dos Reis Católicos, e que é o mesmo que inspira as súas Poesías varias, heroicas, satíricas y amorosas (1652). Tamén escribiu a obra Del Templo e imagen de la Virgen de la Cabeza de Motril.