Francisco Antonio Mourelle de la Rúa


Categoría: Explorador
Data de Nacemento: En 1757 (†24 de maio de 1820)
Lugar de Nacemento: Corme - A Coruña
 Currículum

En 1975 Mourelle formou parte dunha expedición que se dirixiu ós territorios que hoxe forman o Canadá. Redactou un meticuloso diario, onde recolleu datos sobre a cultura dos pobos indíxenas, a súa organización social, costumes, relixión e incluso sobre a flora da rexión. O seu diario foi usado como guía por exploracións posteriores, como a de James Cook na súa expedición a Tasmania. Catro anos máis tarde formou parte doutra expedición que explorou a costa noroeste de Norteamérica. Chegou ata as Illas do Príncipe de Gales no sur de Alaska e continuou ata o cabo de San Elías, cerca de Anchorage, a actual capital do Estado de Alaska.