Florencio Vaamonde Lores


Categoría: Historiador e literato
Data de Nacemento: 21 de abril de 1860 (†19 de outubro de 1925)
Lugar de Nacemento: Onces- Bergondo (A Coruña)
 Currículum

Foi un home de vastísima cultura e dunha gran modestia, o que lle restou fama. Foi membro fundador da Real Academia Galega e un dos redactores da Revista Galega.

 Obras realizadas

VERSO: Publicou Os calaicos (La Habana, 1894), a versión galega das Odas de Anacreonte (A Coruña, 1897) e as coleccións de poesías Mágoas (Lugo, 1901) e Follas ao vento (A Coruña, 1919). Vaamonde Lores escribiu, ademais, unha colección de poesías inédita titulada Faíscas. PROSA: Resume da Historia de Galicia (A Coruña, 1898), que contén apuntes sobre literatura galega. Publicacións de carácter histórico para revistas e periódicos como os poemas A sombra de Fandiño e Fernando de Xinzo en A Nosa Terra (1908) e en prosa La Epístola de Horacio a los Pisones en Revista Gallega (A Coruña, 1901). Coas súas obras Apuntes para la Historia de la Agricultura en Galicia (1910) e Medios prácticos para combatir los insectos perjudiciales a la agricultura gallega (1913) conseguiu un premio en Vigo e Santiago respectivamente. Publicou, ademais, dúas novelas curtas tituladas Bestas bravas (A Coruña, 1923) e Anxélica (A Coruña, 1925). Destaca tamén a súa conferencia Proceso da cultura galega (1918).