Despois dunha década dedicada ao fotoxornalismo, inicia a súa carreira como escultora ceramista en 1995. Combina a escultura coa fotografía documental e artística e a literatura infantil.
Participou en exposicións colectivas como Galiciarte no Parlamento Europeo (Bruxelas) coa Asociación Galega de Arte e Cultura e a 14ª Mostra Mercato Nazionale di Arte Contemporanea (Brascia, Italia).
Tamén expuxo individualmente no Museo Municipal de Ourense cunha serie de obras inspiradas na música (Oda ó Violín) e no Mosteiro de San Estevo xunto co escultor Xosé Rivada. Como fotógrafa, participou no Outono Fotográfico de Ourense coa exposición "Pequenas Historias".
Tanto no seu traballo escultórico como no fotográfico, Flor Fernández utiliza unha linguaxe plástica, orgánica e intuitiva que evoca momentos de intimidade, silencio e poesía. A súa obra combina unha narrativa fresca e directa con ensoñacións de inspiración surrealista nas que a artista proxecta a súa prolífica capacidade creativa.
De 2007 a 2008 colabora no programa radiofónico "Somos Libres (sirixido por Marco Sueiro) na cadena COPE de Barco de Valedeorras cunha sección de relatos. En 2009 publicou a súa primeira obra de literatura infantil "Contos que no son contos" editado pola Asociación Galega de Arte e Cultura.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS:
2003. Barro e Ferro. Casa do Escudo de Verín (Ourense)
2004. Oda ó Violín. Museo Municipal de Ourense.
2005. Homenaxe á Ribeira Sacra. Claustro do Mosteiro de San Estevo, Rivas do Sil (Ourense) xunto ó escultor Xosé Rivada.
2008: Sala Municipal do Concello de Lekeitio, Lekeitio (Vizcaya).
2010: "Correos con el arte", Sala do edificio de Correos, San Sebastián (Guipúzcoa) e "O soño da materia", Auditorio de Ourense.
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS:
Entre 2000 e 2004:
Co "Colectivo Tierra y Color": Sala Juan Larrea de Bilbao; Galería de Arte K. Toño, de Bilbao; Galería Castillo-Faro de Castro Urdiales, Santander; Sala Aixerrota Arte de Getxo, Vizcaya; Casino de Bermeo, Vizcaya; Hotel Indautxu de Bilbao; Parador Nacional de Cádiz; Club Cocherito de Bilbao; Casa Vasca de Madrid.
Entre 2005 e 2007:
‘Polimorfías Cromáticas’ coa Asociación Galega de Arte e Cultura, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense.
‘Conexión 8’. Monasterio de San Estevo, Luintra (Ourense)
‘Oriente revisa su imagen del Quijote a través de lo contemporáneo’ xunto a varios artistas de orixe árabe, Ateneo (Málaga).
‘Divergenxias’, coa Asociación Galega de Arte e Cultura, Casino Atlántico (A Coruña).
‘De las orillas del Sar a los ojos del Guadiana’. Argamansilla de Calatrava (Ciudad Real).
‘Cervantes e O Quixote’. Fundación Araguaney (Santiago de Compostela).
‘Insulas’ Casino de La Toja (Pontevedra).
‘Miradas de Agua y Arena’ Gran Hotel Santiago (Santiago de Compostela).
‘O Támega e as suas margens’ Centro Cultural de Chaves (Portugal).
‘Oriente revisa su imagen del Quijote’ Centro Cultural de Siria (Madrid).
‘Galiciarte’ colectiva con artistas galegos, Parlamento Europeo Bruselas (Bélxica).
‘15ª Bienal del Alto Támega’ coa asociación Tamagani, Chaves (Portugal).
Colectiva coa Asociación Galega de Arte e Cultura, Mosteiro de S. Estevo, Luintra (Ourense).
‘14ª Mostra Mercato Nazionale Di Arte Contemporanea’ coa galería Ruiz Picasso de Málaga, Montichiar, Brescia (Italia).
‘Certame Internacional de Arte Contemporáneo de Vigo’ coa galería Ruiz Picasso de Málaga.
‘Mozart y la música’ coa Asociación Galega de Arte e Cultura, Gran Hotel Santiago (Santiago de Compostela).
Exposición colectiva no Centro Cultural de Chaves (Portugal).
Exposición coa asociación AGAEC "SINESTESIA" no Lar Galego de Sevilla.
"Eurociudad Verín-Chaves. Muestra de artistas portugueses y gallegos" (itinerante).
"Verín-arte", Casa do Escudo, Verín (Ourense).
OBRA LITERARIA:
-"Contos que no son contos", recompilación de contos infantís, editado pola Asociación Galega de Arte e Cultura (2009).
PUBLICACIÓNS:
-"Diccionario Internacional de arte y literatura" (2006).
-"Creadores III", editado por Aires de Córdoba (2006).
-"Ellas en el arte", editado por Aires de Córdoba (2008).
-"100 mulleres artistas emerxentes", Departamento de Igualdade da Xunta de Galicia.
EXPOSICIÓNS DE FOTOGRAFÍA:
‘Homenaje a Freud’ coa Asociación Galega de Arte e Cultura. Gran Hotel Santiago (Santiago de Compostela).
‘Otoño Fotográfico’ Exposición individual, Barco de Valdeorras (Ourense)
‘Ciudad de mujeres. Una mirada de género’ Colectiva na sala do Liceo, Ourense.
‘Sócios da Tamagani’ coa asociación Tamagani, Centro Cultural de Chaves (Portugal).
2006. 'Pequenas Historias' Outono Fotográfico de Ourense. Exposición de fotografía no Barco de Valdeorras (Ourense).
As súas obras figuran no Casino de Bermeo (Vizcaia), Escola de Enxeñeiros (Logroño), Concello de Basauri (Vizcaia), Concello de Verín (Ourense), Faro de Castro Urdiales (Cantabria), Museo Municipal de Ourense (Ourense), Casino da Toxa (Pontevedra) e Les Recontres de Maubourguet (Francia).
PREMIOS:
-Premio Mención de Honra no Certame Internacional Acea´s 2003.
-Finalista no Premio de Artes Plásticas, Concello de Basauri (Vizcaia).
-Premio mulleres artistas, Concello de Basauri (Vizcaia).
-Finalista foto-ilustración axenda, Concello de Algete - Madrid (2008 e 2009).
RESEÑAS EN INTERNET:
Museo virtual de Ourense:
http://www.museovirtualdeourense.com/artists.aspx?id=2&id_art=109
Galicia Digital:
http://www.culturagalega.info/autor.php?idautor=186&accion=autor&campo=E...
Galegos:
http://www.galegos.info/detalle.php?id=1637&tabla=galegos
Ciudad de Mujeres:
http://ciudaddemujeres.com/links/directory/529.html