Carlos García Amigo


Categoría: Violonchelista
Data de Nacemento: 27 de xullo de 1973
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Comeza os estudos musicais e a tocar o violonchelo nesa cidade, pra continualos despois en Santiago de Compostela e no ‘Koninklijk Conservatorium’ da Haia (Holanda).
Actualmente é membro da ‘Real Filharmonia de Galicia’ en Santiago de Compostela e compaxina a súa actividade na Orquestra coa camerística e a docente en diversas escolas de Compostela, así coma con colaboracións con agrupacións de Mª Antiga no ámbito español.

 Obras realizadas

Gravou diversos CD co grupo ‘In Itinere’ da Universidade de Santiago de Compostela, así como coa ‘Real Filharmonía de Galicia’; tamén realiza colaboracións en bandas sonoras coma a da serie emitida pola TVG ‘As leis de Celavella’.
Participou en calidade de solista acompañado pola ‘Orquestra Sinfónica de Galicia’, sendo dirixido polos mestres James Ross e Rumon Gamba (Triple Concerto de Beethoven).
En 1999, foi membro da ‘Schleswig-Holstein Musik Festival Orchester’ onde foi dirixido por mestres coma Mitslav Rostropovich, Christoph Esenbach o Vladimir Spivakov entre outros. Ademais, foi membro de diferentes agrupacións camerísticas coma ‘CelliaQu4ttro’ ou o ‘Trio Artabria’, cos que realizou concertos en diversas salas de Galicia, Cataluña e Holanda.

 Outros datos de interese

Recibiu bolsas de estudo de diferentes institucións como a Excma. Deputación da Coruña, A Fundación Caixa Galicia e a Fundación Pedro Barrié de La Maza, no marco dos seus ciclos de novos intérpretes.
Colaborou como profesor de Música de Cámara na ‘Escola de Altos Estudos Musicais’ do IGAEM.
Asiste regularmente coma alumno ó curso ‘Cánticos, Cantigas e Cantos’, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

Páxina web: www.cellete.com