Estudios de EXB no Colexio Público Pío XII. -Estudios de Bacharelato (1º 2º e 3º de BUP) no Instituto Rosalía Castro. -Curso 1986-87: Estudios de COU no Reino Unido, no Yago School of Oxford. -Anos 1987-92: Estudios de Dereito na Facultade de Dereito da USC. O cuarto destes anos (1990-91) bolseira Erasmus, na Université de Le Mans, cunha estancia de nove meses e a realización de exames finais na devandita universidade. -Anos 1993-94: Estudios de Especialización en Leis na London High School of Law de Londres coa obtención do diploma correspondente. -Anos 1995-96: Ampliación de estudios de dereito na Université París III-Formation Postuniversitaire Internationale con obtención do Diploma Acreditativo do devandito curso. 1996.-Comezo do desenrolo da actividade profesional de avogada no Despacho Porto-Avogados da Compostelana rúa de Montero Ríos. -3 de Marzo de 1997: Nomeamento como Cónsul de Francia en Santiago e do camiño Francés con xurisdicción na Comunidade Autónoma Galega.
Desde o ano 1982 ata o ano 1992, realización de multitude de cursos de verán da lingua francesa e inglesa, pasando a meirande parte de eses veráns en diversas cidades do Reino Unido e mais de Francia: Montpellier, Toulousse, Clermont-Ferrand, Reimes, Oxford, Cambridge, Portsmouth, Swansea, Paris, Londres...
Socia da "Asociación de Mulleres Empresarias de Santiago" coa que colabora activamente.