Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago, funcionario, avogado en exercicio (entre 1988 e 1991) e asesor xurídico de empresas, Fernando Rodríguez foi en 1984 presidente da Xunta Rectora do "Padroado Provincial para a Mellora da Vivenda Rural", dependente da Consellería de Presidencia e en 1986 asumiu o cargo de secretario xeral técnico da Consellería de Educación. En 1991 foi nomeado delegado provincial de Traballo e Servicios Sociais na Coruña, cargo que ocupou só dous anos (entre 1991 e 1993), xa que logo pasou a ser delegado provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Despois de acceder ó Goberno Civil da Coruña en 1996, foi Subdelegado do Goberno na súa provincia natal. Foi deputado do PP no Parlamento de Galicia.