Fernando Julio Ponte Hernando


Categoría: Médico
Data de Nacemento: 8 de setembro de 1959
Lugar de Nacemento: Logroño
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Tras licenciarse en Medicina e Cirurxía en Santiago e cursar estudos de posgrao e de especialización, comezou a súa vida profesional como Oficial Médico da Armada, na Escola Naval Militar de Marín. Capitán Médico de Sanidade Militar, está en posesión do distintivo permanente de profesorado militar.

Diplomado en Xestión Xerencial Hospitalaria pola Escola de Alta Dirección (E.A.D.A.) de Barcelona e en Dirección Xeral de Empresas polo Instituto de Estudos Superiores da Empresa I.E.S.E., da Universidade de Navarra, foi sucesivamente: Director Xerente da Fundación Pública Sanatorio Psiquiátrico de Conxo, do Centro San Juan de Dios de Ciempozuelos e do Hospital Virxe de Altagracia de Manzanares (Ciudad Real) do INSALUD. Así mesmo, foi Decano de Ciencias da Saúde da Universidade Alfonso X el Sabio (UAX) de Madrid. Pertence ao Corpo de Médicos de Admisión e Documentación Clínica, é especialista en Medicina Familiar e Comunitaria e médico puericultor. Tamén é experto universitario en Probabilidade e Estatística pola U.N.E.D. e diplomado en Sanidade.

É Profesor Cdo. Doutor en Historia da Ciencia (acreditado), Doutor en Medicina e Cirurxía pola USC (1992) e en Historia da Ciencia (2011) pola UDC (ambas con sobresaliente cum laude). Impartiu moitos anos cursos de doutorado na Universidade de de Vigo.

 Obras realizadas

OBRAS:

Actualmente compaxina o exercicio da Pediatría en Atención Primaria coa publicación de libros e traballos, así como a dirección de teses doutorais en Historia da Medicina e da Ciencia. Publicou numerosos traballos e artigos sobre estas materias e diversos libros como “Roberto Nóvoa Santos, precursor del tratamiento de la diabetes con incretinas”, Ed. Novonordisk (2010); “Dr. Ángel Baltar Cortés: Maestro de Cirujanos”, Ediciones Inéditor (2011), “La Fuente de los Templarios: acerca de un manuscrito inédito del Prof. Gil Casares”, Eds. USC - Asoc. Balnearios de Galicia (2012), “Roberto Nóvoa Santos: las primeras páginas”, Ed. Auga-USC (2011) e “La Locura y el Bisturí: I Centenario de D. Timoteo Sánchez Freire”, Seminario M. Comp. (USC)

 

ASOCIACIÓNS:

É membro da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, coeditor da revista ‘Cuadernos de Historia de la Pediatría Española’, do Comité de Humanidades da Revista ‘El Médico’ e dcolaborador habitual de ‘Cadernos de Atención Primaria’ e de El Correo Gallego. É membro da Sociedade Española de Historia da Medicina, da Asociación Española de Médicos Escritores e Artistas (ASEMEYA) e a Asociación Española de Militares Escritores (A.E.M.E.), entre outras.

 Outros datos de interese

PREMIOS:

Premio Rodríguez Abaytúa 2008, da Real Academia Nacional de Medicina.

Premio Hernández Morejón 2011, da Sociedade Española de Historia da Medicina, á mellor tese doutoral do ano en España na materia.